Interkosmos 2 (Интеркосмос 2 en ruso), tamén denominado DS-U1-IK Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 25 de decembro de 1969 mediante un foguete Kosmos 2I desde a base de Kapustin Yar.[2][5][7]

Interkosmos 2
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento25 de decembro de 1969, 9:59 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorKosmos 2I[2][5]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Duración da misión56 días[2]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre.[2]
Decaemento8 de xuño de 1970[1]
NSSDC ID1969-110A
Masa325 kg[6]
DimensiónsCilindro curto de aproximadamente un metro de altura e un metro de diámetro.[2]

Características editar

Interkosmos 2 foi o primeiro membro da serie de satélites DS-U1-IK e estaba adicado ó estudo da ionosfera terrestre e á medición da concentración de electróns e ións positivos na mesma. Tiña forma de cilindro curto de aproximadamente un metro de altura e un metro de diámetro. Nun dos extremos atopábase unha cobertura hemisférica e no outro unha superficie curva coa forma dun cuarto de esfera. Do satélite saían varios apéndices para a instrumentación. A alimentación eléctrica era proporcionada por baterías para evitar as perturbacións electromagnéticas que causaríans as células solares nos instrumentos. O satélite non dispoñía de control de actitude, pero si podía determinala mediante detectores de campo magnético e sensores solares. Os datos podían transmitirse en tempo real ou ser gardados a bordo e das principais estacións de recepción de datos, dúas estaban en Polonia e sete na Unión Soviética. O satélite funcionou durante 56 días, recollendo datos ó longo de 109 órbitas.[2][3][6][8]

Interkosmos 2 estaba enmarcado dentro do programa de colaboración internacional Interkosmos entre a Unión Soviética e outros países e foi inxectado nunha órbita inicial de 1200 km de apoxeo e 206 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,4 graos e un período de 98,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 8 de xuño de 1970.[1][3][6]

Instrumentación editar

Os instrumentos foron proporcionados por Bulgaria, Checoslovaquia, a República Democrática Alemá e a Unión Soviética]]. Consistían nunha baliza ionosférica, sondas esféricas de ións, sondas de temperatura de electróns de alta frecuencia e sondas Langmuir.[2][8]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "INTERCOSMOS 2" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (14 de maio de 2012). "Intercosmos 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2012. Consultado o 22 de agosto de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 29 January 1970 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (70-05558). 16 de marzo de 1970: 3. A/AC.105/INF.218. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Interkosmos 2" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (31 de marzo de 2012). Gunter's Space Page, ed. "Interkosmos 2, 8 (DS-U1-IK)" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "DS-U1-IK" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2012. 
  7. "INTERCOSMOS 2 LAUNCHED" (PDF) 97. 27 de xaneiro de 1970: 134. FLIGHT International. Consultado o 23 de agosto de 2012. 
  8. 8,0 8,1 Charles S. Sheldon II (21 de xullo de 2011). GlobalSecurity.org, ed. "Interkosmos" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2012. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar