Inocencio Chincá

militar colombiano

José Inocencio Chincá, nado en Tame, Arauca, Colombia en 1798 e finado en Tibasosa, Boyacá, o 28 de xullo de 1819, foi un militar colombiano que combateu baixo as ordes de Simón Bolívar, durante a Campaña Libertadora de Nova Granada en 1819. Formou parte da carga de lanceiros durante a Batalla do Pantano de Vargas, na cal foi ferido de gravidade, falecendo 3 días despois.[1]

Inocencio Chincá
Inocencio Chincá Tibasosa.JPG
Nacemento1798
 Tame (Arauca)
Falecementoxullo de 1819
 Tibasosa
NacionalidadeColombia
Ocupaciónmilitar
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en Tame (actual departamento de Arauca) descendente dos indíxenas guahibos, en 1798. Como habitante das chairas orientais estivo familiarizado dende neno co manexo e a doma de cabalos, necesarios para mobilizarse no inverno e traballar nas facendas. A Escola Militar de Suboficiais do Exército Nacional, con sede no Forte Militar de Tolemaida, realizou unha homenaxe ao Sarxento Inocencio Chincá, o valente lanceiro cuxo nome dende 1969 posúe a alma mater dos suboficiais en Colombia.

NotasEditar

  1. Clublancita.mil.co. "Inocencio Chincá". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2018. 

Véxase taménEditar