Indovuzaki ou ndlovukati é o título dado ás nais dos reis de Eswatini. O termo significa literalmente "Grande Elefanta" e vén a equivaler ao título de "Raíña Nai". A indovuzaki é a Xefa do Estado (xunto ao rei ou "ngwenyama") e a líder espiritual do país.[1]

Sempre que haxa ngwenyama e indovuzaki simultaneamente, existirán dúas capitais da nación; unha delas, onde resida o ngwenyama, será a capital administrativa e na outra, onde resida a indovuzaki, será a capital nacional e a capital espiritual e cerimonial.

Notas editar

  1. "África y su soberano millonario". El Universal. 2 de novembro de 2008. Consultado o 1 de setembre de 2010. 

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.


 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.