Un inótropo ou axente inotrópico[1] é un axente que altera a forza ou enerxía da contracción muscular. Os axentes inotrópicos negativos debilitan a forza das contraccións musculares, e os positivos increméntana. O termo estado inotrópico úsase comunmente en relación con diversos medicamentos que afectan á contracción do músculo cardíaco (miocardio). Porén, pode tamén referirse a condicións patolóxicas. Por exemplo, cando se agranda o corazón (hipertrofia ventricular) pode incrementarse o estado inotrópico, mentres que unha porción de músculo cardíaco morto (infarto de miocardio) pode diminuílo. En fisioloxía, o termo inotropismo[2] describe a cualidade que afecta á contractilidade do músculo, e é unha das propiedades clásicas do corazón, que son: inotropismo (capacidade de contracción), cronotropismo (automatismo), dromotropismo (condutividade) e batmotropismo (excitabilidade).

Uso médico editar

No tratamento de varias condicións cardíacas utilízanse tanto inótropos positivos coma negativos. A elección do axente depende en gran medida dos efectos farmacolóxicos específicos de cada axente con respecto á condición que se vai tratar. Un dos factores máis importantes que afecta ao estado inotrópico é o nivel de calcio no citoplasma da célula muscular. Os inótropos positivos xeralmente incrementan este nivel, mentres que os negativos diminúeno. Porén, non todos os fármacos positivos ou negativos afectan á liberación de calcio, e, entre os que o fan, o mecanismo para alterar o nivel de calcio difire dun fármaco a outro.

Aínda que se adoita recomendar que os vasopresores se administren por medio dun catéter venoso central debido ao risco de danos nos tecidos locais se a medicación entra no tecido local, este estará probablemente seguro cando se administra durante menos de dúas horas por vía IV periférica.[3]

Axentes inotrópicos positivos editar

Ao incrementaren a concentración de calcio intracelular ou a sensibilidade das proteínas receptoras ao calcio, os axentes inotrópicos positivos poden aumentar a contractilidade do miocardio.[4] As concentracións de calcio intracelular poden aumentarse incrementando o influxo ás células ou estimulando a liberación desde o retículo sarcoplásmico.[5]

Unha vez na célula, o calcio pode pasar a través de canles de dous posibles tipos: a canle de calcio de tipo L (de longa duración) e a canle de calcio de tipo T (transitoria). Estas canles responden aos cambios de voltaxe a través da membrana de xeito diferente: as canles de tipo L responden a potenciais de membrana máis altos, ábrense lentamente e permanecen abertos máis tempo que as canles de tipo T.

Debido a estas propiedades, as canles de tipo L son importantes para manter o potencial de acción, mentres que as canles de tipo T son importantes para inicialo.[6]

Incrementando o calcio intracelular, pola acción das canles de tipo L, o potencial de acción pode ser mantido durante máis tempo e, por tanto, a contractilidade increméntase.

Os inótropos positivos utilízanse para manter a función cardíaca en condicións como a insuficienia cardíaca conxestiva descompensada, o shock cardioxénico, o shock séptico, o infarto de miocardio, a cardiomiopatía etc.

Exemplos de axentes inotrópicos positivos son:

Axentes inotrópicos negativos editar

Os axentes inotrópicos negativos diminúen a contractilidade do miocardio e utilízanse para baixar a carga de traballo cardíaca en condicións como a anxina de peito. Aínda que o inotropismo negativo pode precipitar ou exacerbar a insuficiencia cardíaca, certos beta bloqueadores (por exemplo, carvedilol, bisoprolol e metoprolol) se cría que reducían a morbilidade e a mortalidade na insuficiencia cardíaca conxestiva.

Exemplos de axentes inotrópicos negativos son:

Antiarrímicos de clase IA como:

Antiarrítmicos de clase IC como:

Notas editar

  1. Definición de inotrópico, -ca no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. Dicionario Digalego inotropismo Arquivado 31 de decembro de 2018 en Wayback Machine.
  3. Loubani, OM; Green, RS (June 2015). "A systematic review of extravasation and local tissue injury from administration of vasopressors through peripheral intravenous catheters and central venous catheters.". Journal of critical care 30 (3): 653.e9–17. PMID 25669592. doi:10.1016/j.jcrc.2015.01.014. 
  4. Gordon, DVM, DVSc, DACVIM (Cardiology), Sonya; Saunders, DVM, DACVIM (Cardiology), Ashley (November 2015). "Positive Inotropes". The Merck Veterinary Manual. Consultado o 2016-11-28. 
  5. Berry, William; McKenzie, Catherine (2010-01-01). "Use of inotropes in critical care". Clinical Pharmacist 2: 395. Consultado o 2016-11-28. 
  6. Sherwood, L (2008). Human Physiology, From Cells to Systems (7th ed.). ISBN 9780495391845. 
  7. Schrör K, Hohlfeld T (1992). "Inotropic actions of eicosanoids". Basic Res. Cardiol. 87 (1): 2–11. PMID 1314558. doi:10.1007/BF00795384.