Inês Zuber
Inês Cristina Zuber, nada en Évora o 18 de xaneiro de 1980, é unha política portuguesa, ex deputada do Parlamento Europeo, electa nas listas da Coalición Democrática Unitaria, para as que foi nomeada polo Partido Comunista Portugués, que na súa vez integra o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica.
Nome orixinal | (pt) Inês Cristina Zuber |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de marzo de 1980 (44 anos) Évora, Portugal |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Comunista Portugués 1 de xullo de 2014 – 30 de xaneiro de 2016 – João Pimenta Lopes (pt) → Lexislatura: VIII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Portugal (pt) Electa en: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 | |
Eurodeputada | |
Representa: Partido Comunista Portugués 18 de xaneiro de 2012 – 30 de xuño de 2014 Lexislatura: VII lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: Círculo eleitoral de Portugal (pt) | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas |
Ocupación | política, socióloga |
Partido político | Coalición Democrática Unitaria |
Traxectoria
editarDoutor en Socioloxía Urbana e Participación Política. Bolseira de investigación na Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade Nova de Lisboa, foi Asistente de Investigación no CIES-IUL . É membro da Dirección da Asociación de Bolseiros de Investigación Científica (ABIC) [1].
Actividade política
editarComo militante da Xuventude Comunista Portuguesa, foi participante da Comisión Política e do Secretaríado da Dirección Nacional.
Membro do Partido Comunista Portugués, estivo no Comité Central deste partido, onde asumiu as responsabilidades de Vicepresidenta da Comisión de Emprego e dos Asuntos Sociais e da Delegación para as Relacións cos Países Centroamericanos. É membro do Organismo de Direcção da Cidade de Lisboa do PCP.
Foi electa na Asemblea da Freguesía de São Paulo na cidade de Lisboa.
Eurodeputada
editarConvértese en deputada europea en 2012, substituíndo a Ilda Figueiredo como parte do programa de renovación do cuadros do Partido Comunista Portugués [2].
Elixida europarlamentaria por Portugal nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 polas listas da CDU, nas que apareceu en segunda posición tras o cabeza de lista João Ferreira [3].
Renunciou ao cargo de eurodeputada ante a falta de baixa por maternidade no Parlamento Europeo que permitise unha substitución temporal, sendo substituída definitivamente no cargo por João Pimenta Lopes, tamén do PCP [4].
Foi Coordinadora do GUE/NGL na Comisión de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero e da Delegación na Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana.
- Cargos no Parlamento Europeo
Notas
editar- ↑ "Inês Zuber deputada do PCP no Parlamento Europeu; João Ferreira assume Vice Presidência do GUE/NGL.". Rostos. Consultado o 18-1-2022.
- ↑ Lusa. "Inês Zuber substitui Ilda Figueiredo no Parlamento Europeu em Janeiro". Público (en portugués). Consultado o 2022-01-18.
- ↑ "A CDU divulga mais candidatos às Eleições para o Parlamento Europeu". Partido Comunista Português (en portugués). Consultado o 2022-01-18.[Ligazón morta]
- ↑ Lusa. "Pimenta Lopes substitui Inês Zuber no grupo parlamentar europeu do PCP". Público (en portugués). Consultado o 2022-01-18.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Inês Zuber |