Im Yunjidang (hangeul: 임윤지당, hanja: 任允摯堂), nada en 1721 e finada en 1793, foi unha filósofa e escritora coreana da dinastía Joseon (1392-1910).[1] Pertencente á corrente neoconfuciana, defendeu o dereito das mulleres á educación, argumentando que homes e mulleres comparten unha mesma natureza humana.[2]

Modelo:BiografíaIm Yunjidang
Biografía
Nacemento1721
Wonju, provincia de Gangwon
Morte1793
País de nacionalidadeCorea
RelixiónConfucianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónFilósofa
Período de actividadeDinastía Joseon
Obra
Obras destacables
Yunjidang Yugo (1796)
Familia
CónxuxeShin Gwang-yu Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Im Yunjidang naceu en Wonju, provincia de Gangwon, no empobrecido clan Pungcheon Im. O seu pai, Im Jeok, foi xuíz en Hamheung. Tras o pasamento deste, a familia retirouse a unha vila das montañas, onde a autora evitou a presión de moitos dos estereotipos da época.[2]

O seu irmán, Im Seong-ju, ensinouna a ler e a escribir debido ao seu precoz talento. Im Yunjidang chegaría a dominar o Hyogyueong ("Clásico da piedade filial"), as Yeoinyeojeon ("Biografías de mulleres exemplares") ou a Sohak ("Aprendizaxe menor") de Zhu Xi (1130-1200).[2] Segundo a biografía Im Yunjidang Yugo, escrita polo seu irmán máis novo Im Jeong-ju, Im Yunjidang discutía decotío cos seus irmáns sobre historia, política ou os clásicos.

En 1739, aos 19 anos de idade, casou con Shin Gwang-yu, un letrado de Wonju, co que tivo un fillo. Porén, a autora enviuvaría oito anos máis tarde, e o seu neno morrería pouco despois. Posteriormente, dedicou a súa vida a axudar á familia do seu esposo e estudar os Clásicos.[3]

Filosofía

editar

Im Yunjidang fixo parte dunha tradición comezada polo Naehun ("Instrucións para as mulleres", 1475) da raíña Insu: usar os propios Clásicos chineses para conseguir o acceso das mulleres á educación e a filosofía. Así, a autora defendeu a igualdade intelectual entre homes e mulleres.[4] Con todo, non se opuxo ás normas sociais neoconfucianas do Samjongjido ("As tres vías das mulleres de virtude"), que afirma que as mulleres deben obedecer primeiro ao pai, logo ao esposo e, finalmente, ao fillo.[5]

Nos seus escritos, Im Yunjidang tamén debateu sobre o principio cosmolóxico da supremacía do qi (enerxía) sobre o li (razón), un dos temas centrais do neoconfucianismo. Así mesmo, interveu no debate das Catro Orixes e as Sete Emocións, propio da filosofía de Joseon.[2]

Influencia

editar

Unha compilación dos seus escritos e ideas foi publicada postumamente en 1796 polo seu cuñado Sin Gwang-wu e o seu irmán máis novo, Im Jeong-ju.[5] Moi poucas mulleres foron publicadas durante a dinastía Joseon.

É considerada unha das primeiras filósofoas de Corea, e inspirou o traballo de autoras como a poeta Kang Jengildang (1772-1832).

  1. Kim, Sungmoon (2022). Im Yunjidang (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9781009024068. doi:10.1017/9781009024068. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Kim, Sungmoon (2014). "The Way to Become a female Sage: Im Yunjidang's Confucian Feminism". Journal of the History of Ideas 75 (3): 395–416. doi:10.1353/jhi.2014.0026. 
  3. Kim, Youngmin (2011). Women and Confucianism in Choson Korea: New Perspectives (en inglés). SUNY Press. ISBN 9781438437750. 
  4. Cawley, Kevin N. (2021). Zalta, Edward N., ed. Korean Confucianism (Winter 2021 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  5. 5,0 5,1 "임윤지당". terms.naver.com (en coreano). Consultado o 2023-12-04. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Cawley, K. (2021). Korean Confucianism. The Stanford Encyclopedia of Philosophy.
  • Kim, S. (2014). The Way to Become a Female Sage: Im Yunjidang's Confucian Feminism. Journal of the History of Ideas, 75(3): 395-416. doi 10.1353/jhi.2014.0026.
  • Kim, S. (2022). Im Yunjidang. Cambridge University Press. ISBN 9781009024068. doi 10.1017/9781009024068
  • Kim, Y. e Pettid, M.J. (eds. 2011). Women and Confucianism in Choson Korea: New Perspectives. SUNY Press. ISBN 9781438437750

Ligazóns externas

editar

Im Yunjidang (History of Women Philosophers and Scientists)