Ilmari Salminen
Ilmari Salminen, nado en Elimäki o 21 de setembro de 1902 e finado en Kouvola o 5 de xaneiro de 1986, foi un atleta finlandés, campión dos 10.000 m nos Xogos Olímpicos de Berlín de 1936 e un dos maiores fondistas dos anos 30, integrante do grupo de grandes corredores coñecido como Finlandeses Voadores.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1902 Elimäki, Finlandia (en) |
Morte | 5 de xaneiro de 1986 (83 anos) Kouvola, Finlandia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Finlandia |
Altura | 181 cm |
Peso | 66 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista , atleta |
Nacionalidade deportiva | Finlandia |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | 5000 metros corrida de fundo (pt) |
Participou en | |
1936 | Xogos Olímpicos de 1936 |
Premios | |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo masculino | |||
Xogos Olímpicos | |||
Ouro | Berlín 1936 | 10.000 m | |
Campionato de Europa de Atletismo | |||
Ouro | Turín 1934 | 10.000 m | |
Ouro | París 1938 | 10.000 m | |
Bronce | Turín 1934 | 5.000 m |
Traxectoria editar
Despois de correr longas distancias apenas en Finlandia, Imari comezou a súa carreira internacional xa con máis de trinta anos, vencendo nos 10.000 m e conseguindo o bronce nos 5.000 m do primeiro Campionato de Europa de Atletismo, disputado en Turín, Italia, en 1934. Con este resultado, converteuse nun dos principais favoritos para os Xogos de Berlín en 1936.
En Berlín comezou a súa participación conseguindo un sexto lugar nos 5.000 m. O día seguinte, na disputa dos 10.000 contra outros finlandeses como Volmari Iso-Hollo, bi-campión olímpico dos 3.000 m valados, Salminem gañaría a proba e a medalla de ouro por apenas 0,2 s de vantaxe para o segundo clasificado.
O ano seguinte, Salminem bateu o récord mundial dos 10.000 m marcando 30m 05s para a distancia e da proba non-olímpica de seis millas. Rematou a súa carreira en 1939 após conquistar no ano anterior o bi-campionato dos 10.000 m no Campionato Europeo de Atletismo.