Illueca

Illueca é un concello español da provincia de Zaragoza, capital da comarca da Aranda, en Aragón. A súa poboación era de 3.396 habitantes en (2004)

Castelo do Papa Luna en Illueca
Situación da comarca de Aranda, na que se sitúa Illueca, en Aragón

XeografíaEditar

Illueca está situada no oeste da comunidade autónoma e da provincia, a unha altitude de 599 m. O municipio esténdese por unha área de 24,9 km². A cabeceira municipal dista 89 km da cidade de Zaragoza.

EconomíaEditar

Destaca a súa industria do calzado.

Patrimonio culturalEditar

  • Castelo de Bieito XIII, o Papa Luna, que se ergue na parte máis elevada da localidade, con elementos dos séculos XV a XVII. O antipapa foi enterrado aquí. Durante a Guerra de Independencia española os seus restos foron botados ao río Aranda. Só se puido recuperar o cranio.
  • Igrexa de San Xoán Bautista.
  • Casas históricas de Illueca.
  • Capela da Virxe da Sierra.
  • Convento (en Gotor).
  • Ponte Vella.

FestasEditar

  • 4 de xaneiro, San Babil.
  • 24 de xuño, San Xoán.
  • 25 de outubro, San Crispín

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar