Illotes dos Apóstolos
Illotes dos Apóstolos | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | |
País | Francia |
Localización | Océano Índico |
Arquipélago | Crozet |
Linguas | |
Poboación (2009) | Deshabitados |
Superficie | 2´011 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 45°58′S 50°27′L / -45.967, -50.450 |
Maior Altura | 289 m. Mont Pierre |
Localización | |
![]() |
Os Illotes dos Apóstolos (en francés: Îlots des Apôtres) son un conxunto de illotes incluídos no arquipélago das illas Crozet, que á súa vez forma parte dos Territorios Austrais Franceses. Son un total de 19 illotes.
XeografíaEditar
Os illotes forman parte do grupo occidental do arquipélago, situados a 10 quilómetros ao noroeste da Illa dos Porcos, a maior do conxunto. Hai unha illa principal, chamada a grande (Grande Île), así como unha secundaria ou pequena (Petite Île), ademais dun total de 17 elevancións rochosas sobre o nivel do mar, entre as que suman 2 quilómetros cadrados.
As illas son moi escarpadas. A Illa Grande ten unha altitude de 289 metros, mentres que aIlla Pequena chega aos 246 metros. Dous dos illotes rochosos alcanzan os 110 metros.
Actividade volcánicaEditar
As illas se enclavan nunha falla, en dirección nordés-suroeste. Sobre a Illa Grande obsérvanse as brechas nos bloques e os restos das columnas de lava, probablemente basáltica. Estímase que a actividade volcánica tivo lugar fai entre 2´6 e 5´5 millóns de anos, no medio Plioceno.
IllasEditar
Illas e rocas do conxunto (19 en total), de norte a sur e segundo os seus nomes orixinais franceses:
# | Illa ou Roca | Área (ha) |
---|---|---|
1 | Rocher Nord | 6.0 |
2 | L’Enclume | 1.5 |
3 | Grande Île | 150.0 |
4 | Le Clown | 0.4 |
5 | La Sentinelle perdue | 0.2 |
6 | Les Jumeaux | 0.5 |
7 | Rocher Fendu | 3.0 |
8 | Petite Île | 30.0 |
9 | Les Sentinelles du Diable | 1.0 |
10 | La Grande Aiguille | 1.0 |
11 | La Petite Aiguille | 0.2 |
12 | Le Hangar | 1.5 |
13 | Le Donjon | 2.5 |
14 | (Roca sen nome) | < 0.1 |
15 | Rocher Sud | 1.5 |
16 | Le Torpilleur | 0.1 |
17 | Le Caillou | 0.4 |
18 | L'Obélisque | 0.3 |
19 | Rocher Percé) | 1.0 |
Illotes do Apóstolos (Îlots des Apôtres) | 201.1 |
HistoriaEditar
Os Illotes dos Apóstolos son tristemente soados polo nafraugio do Strathmore, a noite do 2 de xullo de 1875, que efectuaba a súa viaxe inaugural entre Reino Unido e Nova Zelandia. Morreron 44 das 89 persoas que ían a bordo. As que sobreviviron tiveron que facer fronte a 205 días de privacións, fame, sede e ata promiscuidade. O 21 de xuño de 1876 os 38 sobreviventes foron rescatados polo navío Young Phoenix.
O historiador neozelandés Ian Church narrou a aventura en 1985, no seu libro Survival on the Crozet Island.