Illa do Trocadero

Illa do Trocadero é unha illa da baía de Cádiz, en Andalucía, España.

SituaciónEditar

A illa ten unha superficie de 525 ha.. Está separada do continente polo caño do Trocadero. Está localizada na párte sur da Baía de Cádiz, ao suroeste de Puerto Real.

Polo norte, a illa é cruzada pola Estrada Nacional N-443, que vai de Puerto Real a Cádiz. O polígono industrial do Trocadero e a rampla da estrada nacional chamada "O Trocadero" levan devandito nome pola proximidade á illa.

As mareas cóbrena en gran parte, por isto resulta imposible manter algo construído alí.

Parque NaturalEditar

A Illa do Trocadero pertence ao Parque Natural da Baía de Cádiz, cunha extensión de 10,000 ha. A zona é unha marisma onde paran numerosas aves migratorias.

Acceso á illaEditar

A illa é accesible desde Puerto Real e Matagorda. É de particular interese para os afeccionados á observación de aves: corvo mariño, gaivota, garza real, flamengo, focha, pola de auga...

HistoriaEditar

A illa foi desde antigo unha importante zona de tráfico comercial. Tamén se usaba para reparar barcos. Para rematar, o Forte de San Luís, no extremo sur da illa, era parte das defensas da Baía de Cádiz.

O Forte, hoxe en día en ruínas, foi tomado por tropas francesas o 30 de agosto de 1823, durante a Batalla de Trocadero.