Coordenadas: 35°12′55″N 3°54′09″O / 35.21528, -3.90250

A illa de Tierra é un illote que forma, xunto coa illa de Mar e o Peñón de Alhucemas, o arquipélago das illas Alhucemas, unha das tradicionais prazas de soberanía españolas no norte de África.

Tierra
Territorios de soberanía española no norte de África.
Arquipélago de Alhucemas
As illas de Tierra (dereita) e Mar (esquerda), co Peñón de Alhucemas ao fondo.
Situación
PaísEspaña España
ArquipélagoIllas Alhucemas
MarMediterráneo
Coordenadas35°12′55″N 3°54′09″O / 35.21528, -3.90250
Xeografía
Superficie0,017 km²
Punto máis alto11 m
Distancia a terra50 m (da costa de África)
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Está situada a 50 metros da praia marroquí de Sfiha e ascende ata uns 11 m sobre o nivel do mar. Está deshabitada e non ten ningunha edificación.

Desde o incidente da illa Perejil, foi cercada de arame. Desde entón formouse un núcleo reprodutor de gaivota de Audouin grazas á tranquilidade que se lle garante.

En setembro de 2012, un grupo de inmigrantes ilegais chega ao illote, aproveitando a proximidade ás costas marroquís das que se pode chegar facilmente a nado. As autoridades españolas recolleron aos menores e ás nais embarazadas e leváronos a Melilla, mentres que o resto foron deportados a Marrocos.[1]​ A expulsión que as autoridades españolas realizaron por “vía de feito” vulnera, segundo diversas organizacións da sociedade civil como APDHA[2], a lexislación española en materia de asilo e o procedemento de devolución previsto na normativa de estranxeiría, así como as convencións internacionais en materia de asilo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar