Illa de San Clemente
Coordenadas: 42°21′00″N 8°45′15″O / 42.349866, -8.754144
A Illa de San Clemente (Illa de San Clemente, Illa de San Cremenzo, Illa do Santo do Mar) é unha illa galega privada da provincia de Pontevedra situada no litoral do sur do concello de Marín na parroquia de Ardán, situada entre a praias de Lapamán e Loira.
Illa de San Clemente | |
---|---|
vista da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | ![]() |
Mar | Océano Atlántico |
Xeografía | |
Superficie | 0´014 km² |
Punto máis alto | 15 m. |
Características Editar
É un illote de 1,4 hectáreas moi próxima á costa, con quen chega a unirse nas grandes baixamares mediante un tómbolo areoso; o resto da illa está rodeado de arrecife. Está cuberta de pradería e ela hai un par de piñeiros de bo porte. A illa é un terreo sen urbanizar no que nada se pode construír. Son terreos protexidos e non dispón de zona de atraque para chegar en barco, só se pode fondear na súa costa.
Consérvanse as ruínas da ermida de San Clemente, na que antigamente se celebraba unha concorrida romaría. A devandita ermida foi cantada na Idade Media polo trobador galego Nuno Treez nunha cantiga de amigo:
- [...]
- San Clemenço do Mar,
- se mi d'el non vingar,
- non dormirei,
- San Clemenço señor.
- Se vingada fôr,
- non dormirei.
- Se mi d'el non vingar,
- do fals' e desleal,
- non dormirei.
- Se vingada non fôr
- do fals'e traedor
- non dormirei.
- [...]
Galería de imaxes Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de San Clemente |
-
Capela de San Clemente, Illa do Santo do Mar, Marín
-
Vista xeral da Illa do Santo do Mar (Marín) desde a súa praia
Véxase tamén Editar
Outros artigos Editar
Bibliografía Editar
- Fernández de la Cigoña Núñez, Estanislao (1991). Illas de Galicia. Xerais. ISBN 978-8475075822.
- Ramírez, C. (2004). Islas de Galicia (en castelán). Era Editorial. ISBN 978-84-933775-8-8.
Ligazóns externas Editar
- Nieves D. Amil (18 de agosto de 2022). "A la venta por 300.000 euros la isla de O Santo, en la ría de Pontevedra". La Voz de Galicia.