A Illa de Mouro (en castelán, Isla de Mouro) é unha illa española situada fronte á Península da Magdalena, na boca da Baía de Santander, en Cantabria. É moi destacada, aínda que o seu territorio é só de 1,7 hectáreas. Enteiramente rochosa e bastante plana, posúe un faro nunha das súas partes máis altas. É un paraíso para os mergulladores, polos ricos fondos que hai ao seu arredor.

Modelo:Xeografía físicaIlla de Mouro
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCantabria, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°28′24″N 3°45′21″O / 43.473421, -3.755768
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie2 ha Editar o valor en Wikidata
Illa de Mouro.
Illa de Mouro.
Illa de Mouro.
Illa de Mouro.

Historia

editar

O nome da illa até o século XVIII era Isla de Mogro, tal como se recolle en documentos do século XVI gardados nos arquivos municipal e provincial; sería no século XVIII, cando por un erro de transcrición do cartógrafo Vicente Tofiño de San Miguel, cambio o nome ao actual de Isla de Mouro.[1]

En 1570 proxectouse a construción dun castelo na illa, para protexer a entrada da baía; mais ao final o castelo construíuse na próxima península de La Magdalena (o castelo de San Salvador de Hano).[1]

En xullo de 1812, durante a Guerra da Independencia os ingleses, aliados dos españois, capturaron a illa, desde onde abateron con fogo granado as defensas costeiras da península da Magdalena ocupadas polos franceses, logrando expulsalos delas; isto permitiu o desembarco de tropas españolas en El Sardinero.

O faro da illa data do século XIX, do reinado de Sabela II. Estivo ocupado até 1921 por dous fareiros, que quedaban con frecuencia illados polos temporais. En 1921 procedeuse á automatización do faro.[2]

  1. 1,0 1,1 Artigo "Islas de Cantabria. Vestigios de otra época", en La Revista de Cantabria, número 55. Abril-Xuño de 1989; p. 33
  2. Artigo "Islas de Cantabria. Vestigios de otra época", en La Revista de Cantabria, número 55. Abril-Xuño de 1989; p. 35