A illa de Maians era unha illa de area situada a un centenar de metros da costa de Barcelona. Foi absorbida pola cidade con motivo da creación do primeiro porto de Barcelona, obra iniciada o 20 de setembro de 1477 baixo o reinado do rei Xoán II de Aragón.

Modelo:Xeografía físicaIlla de Maians
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBarcelona, España e La Barceloneta, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°23′01″N 2°11′21″L / 41.38361, 2.18917
Evolución da liña da costa na Ciutat Vella de Barcelona e situación da illa de Maians.

A absorción de Maians supuxo o nacemento do barrio da Barceloneta. O dique do leste, cimentado sobre a antiga illa, retivo as areas transportadas polo ciclo marítimo e o material depositado polo río Besòs, polo que o barrio da Barceloneta debe a súa existencia aos terreos así gañados ao mar.

O escritor Quim Monzó publicou un libro de relatos que toma o nome desta illa hoxe inexistente: L'illa de Maians (1986).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar