Illa de Cerboli
A Isola di Cerboli, en latín Cerbania[1], é unha pequena illa do Arquipélago toscano situada na Canle Piombino, e pertencente ao municipio de Río. No século XIII é citada (Annali del Caffaro) como «...insulam qua Cervi dicitur...» e Cerbulo.[2]
Illa de Cerboli | |
---|---|
Isola di Cerboli / Venaria | |
Cerboli, unha pequena illa na canle de Piombino (Mar Tirreno). Detalle do extremo occidental. | |
Situación | |
País | Italia |
Rexión | Toscana |
Provincia | Provincia de Livorno |
Arquipélago | Arquipélago Toscano |
Mar | Mar Tirreno |
Coordenadas | Coordenadas: 42°51′29″N 10°32′52″L / 42.858055555556, 10.547777777778 |
Xeografía | |
Superficie | 0,04 km² km² |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Descrición editar
Está situada ao leste do extremo nor-oriental da Illa de Elba e ao sur de Piombino, case na entrada do Golfo de Follonica. En 1108 construíuse unha torre pola República de Pisa, reconstruída pola familia Appiano en 1567. O perfil do illote cambiou debido a unha canteira de calcaria aberta en 1927 para fornecer a planta de aceiro Ilva de Piombino. No lado suroeste existe unha cova chea de estalagmitas que se estende por preto de 25 metros. O illote de Cerboli é propiedade do escritor Carlo Cassola.
Forma parte do Parque Nacional Arquipélago Toscano.[3]
Endemismos editar
- Podarcis siculus ssp. cerbolensis (Lagarto de Cerboli)
Notas editar
- ↑ Pomponio Mela, De Chorographia libri tres.
- ↑ Archivio Storico Diocesano di Pisa, Diplomatico arcivescovile, n. 980.
- ↑ Isola d'Elba, scheda redazionale del Parco nazionale dell'Arcipelago Toscano su www.islepark.it Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (consultado en setembro de 2015)
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Cerboli |