Illa da Rúa

illa na ría de Arousa

Coordenadas: 42°32′59″N 8°56′23″O / 42.54979, -8.9397

A Illa da Rúa é unha illa galega da provincia da Coruña, situada case no centro da Ría de Arousa, a 4 quilómetros ao sueste do porto de Ribeira, concello ó que pertence.

Illa da Rúa
Île de La Rúa.jpg
Illa da Rúa en A Coruña
Illa da Rúa
Illa da Rúa
Localización no mapa provincial.
Situación
PaísGaliza Galiza
ProvinciaA Coruña
MarOcéano Atlántico
CoordenadasCoordenadas: 42°32′59″N 8°56′23″O / 42.54979, -8.9397
Xeografía
Superficie0,04 km²
Demografía
PoboaciónDeshabitada

É unha das illas máis illadas da ría de Arousa, e unha das máis destacadas a pesar das súas escasas 4 hectáreas de superficie. É enteiramente rochosa, formada por grandes birlos de granito e de abordaxe difícil. Posúe un faro importante para o balizamento da ría, que é xemelgo do da Illa de Ons, construído polo mesmo arquitecto, Rafael de la Cerda, en 1864. A pesar do inhóspito da illa, estivo habitada por fareiros ata a automatización do faro.

É unha bonita illa para visitar, onde atoparemos moitas gaivotas, e un pozo de auga, sendo unha das poucas illas co súa propia subministración de auga.

  • Vexo Rúa, vexo Rúa/ e de paso vexo España./ As mociñas de Palmeira/ xa teñen palabra dada [1]

NotasEditar

  1. Bouza Brey engade en nota o seguinte: Suponse ista cántiga nos beizos de un mariñeiro que ven entrando na Ría de Arousa e olla dempois de longa ausenza o faro de Rúa, na insuiña de tal nome e detrás dél o pobo de Palmeira que lle suxire a refleisón dos versos derradeiros. Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 200. No texto: Hespaña.

 
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.