Illa Spaatz
A illa Spaatz é unha illa cuberta polo xeo, na Antártida. Está situada a 73°00′S 75°00′O / -73.000, -75.000 ao suroeste da Illa Alexandre I e ao oeste da base da península Antártica, preto da costa da Terra de Ellsworth e a 30 millas ao leste da illa Smyley.
Spaatz | |
---|---|
vista da illa | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Antártida Reclamada por Chile e Reino Unido |
Mar | Océano Antártico |
Coordenadas | 73°00′S 75°00′O / -73.000, -75.000Coordenadas: 73°00′S 75°00′O / -73.000, -75.000 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 4.100 km² |
Longura máxima | 80 km. |
Largura máxima | 40 km. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Ten 50 millas de longo por 25 millas de ancho e cobre unha área de ao redor de 4.100 km². O lado norte da illa linda coa entrada de Ronne; o resto da illa está rodeada polo xeo agás o estreito de Stange e o estreito de Xurxo VI.
Finn Ronne e Carl Eklund do Servizo Estadounidense do Antártico (USAS) (1939-1941) exploraron o lado norte deste espazo xeográfico en decembro de 1940. Foi fotografada desde o aire e trazado o primeiro mapa da illa pola Expedición de Investigación do Antártico de Ronne (1947-1948) dirixida por Finn Ronne. Foi chamada así por Ronne en honra ao xeneral Carl Spaatz, Xefe de Persoal da USAAF, quen deu a axuda aérea para a asistencia da expedición.
Reclamacións territoriais
editarChile inclúe á illa na Comuna Antártica da Provincia da Antártica Chilena dentro da Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena. Para o Reino Unido integra o Territorio Antártico Británico, pero ambas reclamacións están suxeitas ás disposicións do Tratado Antártico.
Nomenclatura dos países reclamantes:
- Chile: ?
- Reino Unido: Spaatz Island