Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos

(Redirixido desde «USAAF»)

As Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF ou AAF)[1] foi o principal servzo de guerra aérea baseado en terra do Exército dos Estados Unidos e, de facto, foi o servizo aéreo dos Estados Unidos[2] durante e inmediatamente despois da segunda guerra mundial. Creouse o 20 de xuño de 1941 como sucesoro do Corpo Aéreo do Exército dos Estados Unidos e é o predecesor directo da Forza Aérea dos Estados Unidos, unha das actuais seis forzas armadas dos Estados Unidos. A AAF foi un compoñente do Exército que o 2 de marzo de 1942[1] foi dividida funcionalmente por orde executiva en tres forzas autónomas: as Forzas Terrestres do Exército, o Servizo de Subministración do Exército (que en 1943 converteuse nas Forzas de Servizo do Exército), e as Forzas Aéreas do Exército. Cada unha destas forzas tiña un comandante xeneral que reportaba directamente ao Xefe do Estado Maior do Exército.

Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos
United States Army Air Forces
US Army Air Corps Hap Arnold Wings.svg
Activa1941 - 1947
Disolta18 de setembro de 1947
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
Tipoforza aérea
Papelguerra aérea

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Records of the Army Air Forces [AAF]". National Archives (en inglés). 2016-08-15. Consultado o 2022-01-29. 
  2. Craven e Cate, Vol. 6, pp. 28-29