A illa Sangir[1] (indonesio: Pulau Sangir / Pulau Sangir Besar) coas variantes de ortografía "Sangihe", "Sanghir" ou "Sangi", é unha illa no grupo das illas Sangir. O seu nome indonesio significa literalmente "Gran Sangir", en referencia ao feito de que a illa é a principal do arquipélago. É parte da provincia de Célebes Setentrional. A lingua principal é a lingua sangir.

Illa Sangir
Pulau Sangir / Pulau Sangir Besar
Sangir en Indonesia
Sangir
Sangir
Localización da illa
Situación
PaísFlag of Indonesia.svg Indonesia
Marmar de Célebes
Coordenadas3°33′N 125°34′L / 3.550, -125.567Coordenadas: 3°33′N 125°34′L / 3.550, -125.567
Xeografía
Superficie552 km²
Punto máis alto1.320 m. Awu
Demografía
CapitalTahuna
Lingua propiaSangir

XeografíaEditar

A illa de Sangir é unha illa volcánica, situada no Mar de Célebes, entre a península setentrional de Sulawesi e a parte máis meridional de Mindanao Filipinas.

O clima é tropical húmido. A maior parte do territorio está cuberto de amplos e frondosos bosques. O pico máis alto é o "Gunung Awu", na parte norte da illa, un volcán activo cuxa última erupción remóntase a 2004.

O centro principal é Tahuna, onde tamén hai un pequeno aeroporto. A actividade principal na illa é a pesca.

HistoriaEditar

Foi o escenario dunha violenta erupción do volcán Gunung Awu en marzo de 1856. A montaña existente cambiou debido á erupción, e produciuse unha gran inundación. O número de mortos estímase por encima dos dous mil, e posiblemente chegou a 6.000. Outras erupcións importantes ocorreron en 1966 e 2004.

 
Mozos con vestidos tradicionais na illa de Sangir cerca do ano 1900.

NotasEditar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2009. 

Véxase taménEditar