Illa Salisbury, Nunavut
A illa Salisbury (en inuit: Akulliq; inglés: Salisbury Island) é unha das illas deshabitadas do arquipélago ártico canadense, situada na rexión Qikiqtaaluk, no territorio de Nunavut. Atópase na entrada oeste do estreito de Hudson, xusto ao norte da provincia do Quebec, e ten unha superficie de 804 km² sendo por superficie a 56ª do país e 39ª de Nunavut.[1] Ten unha liña costeira de 278 km, cunha lonxitude duns 47 km e unha largura de 23 km. Salisbury atópase ao nordés da illa Nottingham e ao sur da península Foxe da illa de Baffin.
Illa Salisbury | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
Situación | |
País | ![]() |
Territorio | Nunavut |
Arquipélago | Illas Árticas do Canadá |
Mar | Océano Ártico - Océano Atlántico |
Coordenadas | 63°30′N 77°00′O / 63.500, -77.000Coordenadas: 63°30′N 77°00′O / 63.500, -77.000 |
Xeografía | |
Superficie | 804 km² |
Longura máxima | 47 km. |
Largura máxima | 23 km. |
Perímetro | 278 km. |
Punto máis alto | 503 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Notas editar
- ↑ Salisbury Island at Atlas of Canada
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Salisbury, Nunavut |