A illa Pioneer (en ruso: стров Пионе́р, Ostrow Pioner) é unha das illas do arquipélago de Severnaya Zemlya, localizada no Ártico de Rusia, en augas do mar de Kara.

Pioneer
Localización da illa
Situación
PaísRusia Rusia
KraiKrai de Krasnoyarsk
ArquipélagoTerra do Norte
MarMar de Kara, Océano Ártico
Xeografía
Superficie1.527 km²
Longura máxima59 km
Largura máxima43 km
Punto máis alto385 m. Pionier-Eiskappe
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Administrativamente, a illa depende do Krai de Krasnoyarsk.

Xeografía editar

Cunha superficie estimada de 1.527 km², por tamaño, é a cuarta illa do arquipélago. Está situada na parte central do grupo, na parte oeste, a tan só 4´5 km da illa Komsomolets e a 9 km da illa da Revolución de Outubro. A illa alberga o glaciar homónimo, ao que dá nome, Pioneer.[1]

Ao suroeste da illa atópase a illa Krupskoy, relativamente grande, de máis de 20 km de lonxitude e uns 11 km de largo. O estreito que a separa de Pioneer ten só uns 500 m.

Historia editar

A illa foi avistada en 1913 por Boris Wilkizki e levou o nome de 'Svyataya Tatiana ata 1926. Pero no foi investigada e cartografada ata a expedición de Georgy Ushakov e Nikolay Urvantsev durante a súa expedición de 1930-32.[2] Houbo unha petición para recupera o nome orixinal da illa Svyataya Tatiana (Santa Tatiana).[3]

Esta illa non debe confundirse coa illa Pioneer no Canadá 76°57′N 96°57′O / 76.950, -96.950.

Datos xeolóxicos e biolóxicos:[4] & [5]

Notas editar

  1. Entrada Ártico ruso - Severnaya Zemlya no sitio www.oceandots.com, dispoñible en: http://www.oceandots.com/arctic/russia/severnaya-zemlya.htm.
  2. Barr, William (1975). "Severnaya Zemlya: the last major discovery". Geographical Journal 141 (1): 59–71. doi:10.2307/1796946. 
  3. «Legislative Assembly deputies of Krasnoyarsk Territory against renaming islands of archipelago Severnaya Zemlya», en el sitio Directorate for Krasnoyarsk Territory, dispoñible en: [1][Ligazón morta]
  4. Cat.Inist
  5. Kollmann, J. (et al.). "Interactions between Vegetation Development and Island Formation in the Alpine River Tagliamento". Vol. 2, No. 1. Applied Vegetation Science. pp. 25–36. Consultado o 14 de marzo de 2012. 

Véxase tamén editar