Illa Mezhdusharski

A illa Mezhdusharski (en ruso, остров Междушарский; Ostrov Mezhdusharskiy) é unha pequena illa do arquipélago de Nova Zembla, localizada no ártico de Rusia, en augas do mar de Barents.

Illa Mezhdusharski
остров Междушарский; Ostrov Mezhdusharskiy
Mezhdusharskiy Island.svg
Mezhdusharskiy Island.svg
Mapa da illa
Situación
PaísRusia Rusia
ÓblastÓblast de Arkhanguelsk
ArquipélagoNova Zembla
MarMar de Barents
Coordenadas71°13′44″N 52°51′55″L / 71.22889, -52.86528Coordenadas: 71°13′44″N 52°51′55″L / 71.22889, -52.86528
Xeografía
Superficie742 km²
Longura máxima52 km.
Largura máxima11 -25 km.
Punto máis alto101 m. Wyssokaja
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Administrativamente a illa, como todo o arquipélago, pertence ao Óblast de Arkhanguelsk, Federación Rusa.

XeografíaEditar

A illa está moi próxima á costa occidental da illa Yuzhny, a apenas 2 km das súas beiras, nunha ampla baía en que está situado o maior asentamento de Nova Zembla, Belushya Guba. A baía é unha zona de moitos baixíos, con moitas pequenas illas e illotes, como Sobachly, Kruglvy ou Tertyre. A illa Mezhdusharskiy ten 742 km².[1]

A vexetación da illa é en gran parte de tipo tundra.

HistoriaEditar

Os nenets foron o pobo que orixinalmente poboou o arquipélago de Nova Zembla. As illas son coñecidas polos rusos desde os séculos XI e XII, cando os seus comerciantes visitaban a rexión de Novgorod. A procura polos europeos dunha ruta comercial cara ao Oriente, a Ruta do Mar do Norte, levou a iniciar a exploración do arquipélago en 1553, coa fracasada expedición británica de Hugh Willoughby e Richard Chancellor.

Os primeiros navegantes occidentais ao arquipélago foron os holandeses, que nas varias expedicións en que participou Willem Barents (1594-97), cartografaron e puxeron moitos dos nomes dos accidentes xeográficos das illas (cabos, golfos, baías e penínsulas), aínda que no século XIX moitos deles foron cambiados, aínda que permanecen algúns.

En 1955, os descendentes dos nenets e os residentes de todas as aldeas e asentamentos de Nova Zembla, foron agrupados no campamento de Lagernojela, na costa norte de illa Yuzhny. En novembro de 1957, foron deportados ao continente xa que todo o arquipélago designouse como área de proba para os ensaios nucleares (o primeiro dos cales tivo lugar antes das deportacións).[2]

NotasEditar

  1. pxweb2.stat.fi Arquivado 01 de outubro de 2007 en Wayback Machine..
  2. http://www-ns.iaea.org/downloads/rw/ waste-safety/north-test-site-final.pdf.

Véxase taménEditar