Illa Grosa
A Illa Grosa (en castelán Isla Grosa) é unha illa española, na Rexión de Murcia, do concello de San Javier. É a única illa da contorna do Mar Menor que se atopa fóra del, é dicir, en mar aberto, a levante de La Manga. Trátase dun cono volcánico moi escarpado que supera os 90 metros de altitude, a unha distancia de 2,5 quilómetros do norte da Manga e cunha extensión de 16,5 hectáreas.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Rexión de Murcia, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Altitude | 90 m | |||
Superficie | 0,17 km² | |||
Foi refuxio de piratas berberiscos ata o século XVIII, e anteriormente un enclave fenicio. A súa riqueza botánica e ornitolóxica aniñan os paíños, os corvos mariños, o falcón peregrino etc. Posúe un embarcadoiro e as únicas construcións que posúe estaban asociadas a actividades militares; a illa foi zona militar ata o ano 2000, en que foi cedida á Comunidade de Murcia para actividades relacionadas co medio ambiente (ata entón era o lugar de adestramento das unidades especiais de mergulladores de combate e de desactivación de explosivos do Centro de Mergullo da Armada).
Restos arqueolóxicos
editarA existencia dunha pena, denominada "o baixo da campá", ao leste do Farallón, a moi poucos metros da superficie, constituíu durante séculos un perigo para a navegación, e fixo naufragar numerosos pecios de orixe fenicia e romana.
O achado arqueolóxico máis importante é o dun barco fenicio do século V a. C. que se afundiu cunha carga constituída por lingotes de mineral de estaño e chumbo, manufacturas púnicas e un conxunto de queiros de elefante africano (Loxodonta africana) con inscricións fenicias. Todo o cargamento deste barco, como o do resto dos barcos descubertos baixo as augas de Illa Grosa, expóñense actualmente no Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática de Cartagena.[1]
Protección medioambiental
editarA illa está protexida dentro do espazo denominado Illas e Illotes do Litoral Mediterráneo da Rexión de Murcia coa categoría de Parque natural e ZEPA.
A asociación ecoloxista ANSE, xunto coa Conserjería de Medio Ambiente de Murcia, participaron no proxecto LIFE Conservación de Larus Audouinii en España. Isla Grosa (Murcia) (2004-2007)[2] co obxectivo de reforzar a poboación de Gaivota de Audouin (Larus audouinii) na illa e garantir a súa conservación. Nesta illa vive a terceira colonia máis grande do mundo desta gaivota, catalogada como globalmente ameazada (SPEC1) polo Species of European Conservation Concern, e é, polo tanto, de conservación prioritaria en Europa.[3]
Notas
editar- ↑ Mas García, Julio (1986). "Infraestucturas y desarrollo económico de la Qart-Hadasht ibérica". Enciclopedia de la Historia de Cartagena IV. Ediciones Mediterráneo. pp. 193–197. ISBN 9788485856435.
- ↑ "Web do Proxecto LIFE - Gaivota de Audouin". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2011. Consultado o 28 de setembro de 2011.
- ↑ Proxecto LIFE-Natureza Conservación de Larus Audouinii en España Arquivado 28 de xuño de 2009 en Wayback Machine. ANSE
Véxase tamén
editarLigazón externa
editar- "Hallado el casco de un navío fenicio del siglo VII a. C. Arqueólogos de todo el mundo rescatan uno de los tesoros más importantes de la parte occidental del Mediterráneo". Nova publicada no xornal laverdad.es o 15 de xaneiro de 2010 e consultada o 28 de setembro de 2011.