A illa Belkovsky (ou illa Belkov) (en ruso: Бельковский остров, Bel'kovskij ostrov) é unha illa localizada no ártico ruso, bañada polas augas do mar de Láptev. A illa é a máis occidental das illas Anzhu, un subgrupo do arquipélago das illas de Nova Siberia.

Belkovsky
Бельковский остров
localización da illa
Situación
PaísRusia Rusia
RepúblicaRepública de Sakha
ArquipélagoIllas de Nova Siberia
MarMar de Láptev
Coordenadas75°33′09″N 135°50′28″L / 75.55250, -135.84111Coordenadas: 75°33′09″N 135°50′28″L / 75.55250, -135.84111
Xeografía
Superficie535´3 km²
Longura máxima56 km. (N-S)
Largura máxima16 km. (E-O)
Perímetro140 km.
Punto máis alto127 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Administrativamente, a illa, como o resto do arquipélago, pertence á República de Sakha (Yakutia) da Federación Rusa.

Xeografía editar

A illa de Belkovsky é unha illa de tipo medio, con 535 km², e de baixa altitude (o seu punto máis alto está a 127 m).

O estreito entre a illa de Belkovsky e a illa veciña de Kotelny, cunha anchura mínima de 21 km, é coñecido como estreito do Zarya, en memoria do barco da fatídica expedición de Eduard Toll. Hai un pequeno illote fronte á costa meridional de Belkov chamado illote Strizhëva (Ostrov Strizhëva).

Xeoloxía editar

A illa de Belkovsky consiste en estratos fortemente plegados do Devoniano superior e o Carbonífero Inferior. As rochas do Devoniano superior son carbonatos mariños arxilosos interestratificados con calcaria, arenita e conglomerado. As rochas do Carbonífero Inferior están compostas por siltstone, argilita, e arenitas, interestratificadas con breccia, pedra calcaria, e, pouco frecuente, lava riolitica.[1][2]

Fauna e flora editar

Existen grandes colonias de aves e tamén unha colonia de morsas na illa.

Herba, xuncos e tundra de criptógamas cobren a illa de Belkov. É unha tundra na súa maioría de pastos de moi baixo crecemento de xuncos, musgos, liques e plantas hepáticas. Estas plantas, cobren, na súa maioría ou en parte, completamente a superficie do chan, xeralmente húmido, de gran fino e, a miúdo, montículado («Hummocky»).[3]

Historia editar

A illa foi descuberta en 1808 por un comerciante ruso chamado Belkov, en recoñecemento ao que leva a illa o seu nome.

Notas editar

  1. Kos’ko, M.K., B.G. Lopatin, and V.G. Ganelin, 1990, Major geological features of the islands of the East Siberian and Chukchi Seas and the Northern Coast of Chukotka. Marine Geology. vol. 93, pp. 349–367.
  2. Fujita, K., and D.B. Cook, 1990, The Arctic continental margin of eastern Siberia, in A. Grantz, L. Johnson, and J. F. Sweeney, eds., pp. 289-304, The Arctic Ocean Region. Geology of North America, vol L, Geological Society of America, Boulder, Colorado.
  3. CAVM Team, 2003, Circumpolar Arctic Vegetation Map. Scale 1:7,500,000. Conservation of Arctic Flora and Fauna (CAFF) Map No. 1. U.S. Fish and Wildlife Service, Anchorage, Alaska.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

anonymous, nd, Laptev Sea Alfred Wegener Institute for Polar and Marine Research - Research Unit Potsdam, Potsdam, Germany.

Rachold, V., nda, pebble beach of Belkovsky Island. Alfred Wegener Institute for Polar and Marine Research - Research Unit Potsdam, Potsdam, Germany.

Rachold, V., ndb, remnants of sea-ice, agosto 2002. Alfred Wegener Institute for Polar and Marine Research - Research Unit Potsdam, Potsdam, Germany.