Igrexa de San Bieito de Fefiñáns

construción relixiosa en Fefiñáns, Cambados

A igrexa de San Bieito é un templo católico localizado na praza de Fefiñáns, Cambados, a carón do Pazo de Fefiñáns.

Igrexa de San Bieito de Fefiñáns
Vista da igrexa
PaísEspaña
LocalizaciónFefiñáns (Cambados)
Coordenadas42°31′11″N 8°48′49″O / 42.51972222, -8.81361111
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

O edificio actual foi edificado entre o 1618 e o 1634[1] sobre as ruínas dunha capela románica, por instancia de Gonzalo de Valladares (1583-1659), primeiro vizconde de Fefiñáns. Posúe dúas torres de estilo churrigueresco levantadas a finais do século XVIII. No lateral, de cara á praza, existía unha escalinata actualmente suprimida, se ben a Consellería de Vivenda anunciou un plan para reconstruíla, co ánimo de que a praza recuperase o seu aspecto orixinal [2].

No seu interior atópanse os sepulcros de Gonzalo de Valladares e a súa muller.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar
  1. "A Galicia". Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2008. Consultado o 24 de novembro de 2008. 
  2. "La Voz de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2008.