Igrexa Evanxélica Presbiteriana de España

A Igrexa Evanxélica Presbiteriana de España é unha igrexa protestante establecida en España. Adopta a Biblia como única e suficiente fonte de fe e práctica, totalmente inspirada por Deus e infalible, e forma parte da Federación de Entidades Relixiosas Evanxélicas de España.

Segue a interpretación reformada da Biblia, organízase institucionalmente seguindo o modelo do Presbiterianismo e identifícase como igrexa evanxélica. Rexeita a teoloxía liberal.

Empezou a través do traballo de misioneiros da APMT (misión da Igrexa Presbiteriana do Brasil) a finais da década de 1980 na cidade de Huelva. Ao longo dos anos espallouse por outras cidades do territorio español nas dúas décadas seguintes.

Conta con igrexas nas cidades de Don Benito, Sevilla, Xetafe, Torrelodones, Madrid, A Coruña e Málaga, ademais da pioneira en Huelva, e con grupos pequenos noutras localidades máis.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar