Ignacio Cordero Alonso

médico e poítico español

Ignacio Cordero Alonso, nado en Zamora en 1847, terminou a súa carreira de medicina en Madrid,  e acostumaba veranear en Baiona, foi un dos artífices da instalación dun balneario na praia da Concheira de Baiona. Sería alcalde entre 1925 e 1926. Decidiu instalar un balneario na praia da Cuncheira. Foi alcalde no breve período do 1925 ata o 1926.

Infotaula de personaIgnacio Cordero Alonso
Biografía
Nacemento1847 Editar o valor em Wikidata
Zamora, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1929 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Baiona, Francia Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Baiona
1925 – 1926
← Manuel Barreiro ÁlvarezPedro Miranda Suárez de Puga → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosConsuelo Cordero

Traxectoria editar

Naceu en 1847 en Zamora, e se trasladou a Madrid para estudar medicina. Obtivo a licenciatura na capital e xa instalado alí se dedicou por completo ao traballo de médico. A finais da década dos oitenta no século XIX chega a Baiona por motivos de saúde para pasar unha tempada buscando repouso. Non deixaría de vir un solo ano sendo un habitual veraneante da vila. En 1893 consegue xunto co baionés Agapito Ordóñez unha concesión a perpetuidade. En 1896 construirían o balneario que constaba dun edificio de madeira e 20 casetas na praia. Foi o reclamo que necesitaba Baiona para se converter en lugar turístico. Da man de Ignacio Cordero veranearían en Baiona, e se beneficiarían das súas augas medicinais personaxes como Ramón y Cajal, Marqués de Quintanar ou Mercedes Ruíz de la Escalera.

Home culto o que gustaba de ler e reflectir as súas opinións na prensa era tamén un apaixonado pola música, obtendo por oposición unha praza como organista nun templo relixioso.

Foi elixido alcalde por unanimidade trala dimisión de Manuel Barreiro Álvarez en xuño de 1925. No seu cargo se ocuparía principalmente da sanidade en Baiona, entre outras, arranxando o Hospital Sancti Spiritus da vila. A súa dimisión chegaría pronto, en xuño de 1926, ao pouco de cumprir un ano no cargo. Sería sucedido por Pedro Miranda Suárez de Puga.

Falecería poucos anos despois en Baiona, o 19 de xaneiro de 1929.


Predecesor:
Manuel Barreiro Álvarez
  
Alcalde de Baiona
 
1925 - 1926
Sucesor:
Pedro Miranda Suárez de Puga