Abrir o menú principal

Ignacio Codesido

político galego

Ignacio Codesido Barreiro, nado en Touro o 20 de outubro de 1956, é un político galego do PPdeG.

Ignacio Codesido
Nacemento20 de febreiro de 1956
 Touro
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Empregado de Caixa Galicia en excedencia. Entrou en política como concelleiro de Touro en 1987 como cabeza de lista do CDS. En xaneiro de 1990 fíxose coa alcaldía a través dunha moción de censura. Presentouse ás eleccións de 1991 como independente resultando ser a forza máis votada, porén non conseguiu a alcaldía por un pacto entre PPdeG e PSdeG. Volveu ser alcalde en maio de 1994, tras unha moción de censura apoiada polos socialistas. Nas municipais de 1995 presentouse polo PSdeG-PSOE, obtivo a maioría absoluta e continuou de alcalde. Volveu repetir a maioría absoluta nas municipais de 1999, agora como cabeza de lista de Democracia Galega. Nas eleccións municipais de 2003 presentouse polo PPdeG e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido polo PPdeG nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta.



Predecesor:
Ramón Diéguez Reboredo
  
Alcalde de Touro
 
1990 - 1991
Sucesor:
Ramón Diéguez Reboredo
Predecesor:
Ramón Diéguez Reboredo
  
Alcalde de Touro
 
1994 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase taménEditar