Ida Rhodes
Ida Rhodes, de solteira Hadassah Itzkowitz, nada en Kamianets-Podilskyio (Ucraína) o 15 de maio de 1900 e finada en Rockville (Maryland) o 1 de febreiro de 1986,[1] foi unha matemática estadounidense moi influínte no desenvolvemento informático nos Estados Unidos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ru) Хадасса Ицковиц 15 de maio de 1900 Kamianets-Podilskyi, Ucraína (pt) |
Morte | 1 de febreiro de 1986 (85 anos) Rockville, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
Outros nomes | Ida Itzkowitz |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Columbia (1931–1932) Universidade Cornell (1919–1923) |
Actividade | |
Ocupación | matemática , informática teórica |
Empregador | National Institute of Standards and Technology (pt) (1948–1971) Mathematical Tables Project (pt) (1940–1948) New York State Department of Labor (en) (1938–1940) |
Lingua | Lingua rusa e lingua inglesa |
Premios
|
Traxectoria
editarEstudou na Universidade Columbia entre 1930 e 1931. Ocupou numerosos postos relacionados cos cálculos matemáticos antes de unirse ao Proxecto de Táboas Matemáticas en 1940, onde traballou baixo a dirección da matemática Gertrude Blanch, á que máis tarde acreditaría como a súa mentora.
Foi pioneira na análise de sistemas de programación, e xunto á programadora Betty Holberton deseñou a linguaxe de programación C-10 a principios da Década de 1950 para UNIVAC I. [2] Tamén deseñou a computadora orixinal utilizada pola Administración da Seguridade Social. En 1949, o Departamento de Comercio dos Estados Unidos concedeulle unha Medalla de Ouro polo "liderado pioneiro significativo e contribucións destacadas ao progreso científico da nación no deseño funcional e na aplicación de equipos informáticos dixitais electrónicos".
Rhodes foi a responsable do algoritmo "Jewish Holiday" usado nos programas de calendario desde entón.[2] [3] Mentres traballaba na NBS, tamén fixo traballos orixinais de tradución automática en linguaxe natural.[4] [5]
Notas
editar- ↑ Perl, Teri (1 de enero de 1998). Notable Women in Mathematics: A Biographical Dictionary (en inglés). Greenwood Publishing Group. p. 180. ISBN 9780313291319. Faltan o
|apelido1=
en Authors list (Axuda) - ↑ 2,0 2,1 "Ida Rhodes and the Problem with 'Water Goats'". National Institute of Standards and Technology (NIST). Consultado o 3 de marzo de 2018.
- ↑ Rhodes, Ida (1977). "Computation of the dates of the Hebrew New Year and Passover" 3 (3): 183–190. doi:10.1016/0898-1221(77)90093-1. Consultado o 3 de marzo de 2018.
- ↑ Rhodes, Ida; Alt, Franz L. (1962). "Hindsight technique in machine translation of natural languages" (PDF) 66B (2): 47–51. doi:10.6028/jres.066B.005. Consultado o 3 de marzo de 2018.
- ↑ Rhodes, Ida (1963). "Syntactic integration carried out mechanically" 1 (4): 215–219. doi:10.1016/0020-0271(63)90018-4. Consultado o 3 de marzo de 2018.