Ichthyosaura alpestris
Ichthyosaura alpestris é unha especie de anfibio urodelo, un tritón. Anteriormente chamábase Triturus alpestris. É a única especie viva do xénero Ichthyousaura.
Ichthyosaura alpestris Rango fósil: Mioceno tardío - Actualidade | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Descrición
editarOs maiores machos poden chegar aos 9 cm de lonxitude, e as femias os 12 cm. Durante a estación de apareamento a inicios do ano, os machos mostran unha coloración azul escura no dorso; os flancos teñen bandas de manchas brancas e negras e debaixo destas unha banda azul celeste e o ventre é de cor laranxa viva. As femias, en camuflaxe acuático, teñen pintas marróns e unhas poucas manchas no dorso. Despois da estación de apareamento, volven a ter a súa coloración orixinal de manchas marróns.
Vida e hábitat
editarHabitan normalmente en bosques con bo acceso á auga en rexións con montañas ou cuíñas. Xeralmente están ausentes das áreas pouco forestadas. Son numerosos en bosques de folla caduca espesos, e tamén en parques e xardíns naturais. Fóra da estación de desova, fan unha vida terrestre. Durante o día permanecen agochados no sotobosque. Despois de que os adultos saen da dormancia invernal, migran ás súas pozas de desova (do bosque ou artificiais) e viven durante a estación de apareamento en auga fría.
Distribución
editarA especie estaba confinada orixinalmente en Europa central e zonas montañosas do sur de Europa,[2] e había poboacións illadas no norte da Península Ibérica e en Italia.[1] A especie foi introducida no Reino Unido na década de 1930, inicialmente no sur de Inglaterra e desde entón conseguiron establecerse varias poboación máis ao norte, chegando ata Edimburgo.[3] Foi tamén introducido na Serra de Guadarrama en Madrid.[1]
Taxonomía
editarEsta especie estaba antes situada no xénero Triturus, pero García-París et al.[4] dividiu o xénero Triturus, situando esta especie no seu propio xénero Mesotriton. Posteriormente, Mesotriton considerouse un sinónimo júnior de Ichthyosaura.[5] Recoñécense dez subespecies deste tritón (algunhas soamente con formas neoténicas):
- I. a. alpestris (Laurenti, 1768)
- I. a. apuanus (Gray, 1850) de Italia
- I. a. cyreni (Mertens & Muller, 1940) de España
- I. a. inexpectatus (Dubois & Breuil, 1983) de Calabria
- I. a. lacusnigri (Dely, 1960) da zona da antiga Iugoslavia
- I. a. montenegrinus (Radovanovic, 1951) de Montenegro
- I. a. piperianus (Radovanovic, 1961)
- I. a. reiseri (Schreiber, 1912) de Bosnia
- I. a. serdarus (Radovanovic, 1961)
- I. a. veluchiensis (Wolterstorff, 1935) de Grecia.
I. alpestris é a única especie viva do xénero Ichthyosaura, aínda que existiu ademais unha especie hoxe extinguida chamada I. randeckensis.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Jan Willem Arntzen; Mathieu Denoël; Sergius Kuzmin; et al. (2009). "Ichthyosaura alpestris (Alpine Newt)". The IUCN Red List of Endangered Species. International Union for Conservation of Nature and Natural Resources. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ "Alpine Newt". Froglife. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ "Alpine newt". Lothian Amphibian and Reptile Group. Consultado o 27 de febreiro de 2017.
- ↑ García-París, M., A. Montori, and P. Herrero. 2004. Amphibia: Lissamphibia. Fauna Iberica Vol. 24. Madrid: Museo Nacional de Ciencias Naturales e Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
- ↑ Josef F. Schmidtler. 2007. Die Wurzeln einer bayrischen Herpetofaunistik im 18. und beginnenden 19. Jahrhundert. Zeitschrift f. Feldherpetologie 14: 93–119. Laurenti, Bielefeld. (PDF on line, en alemán; ver páxina 105)
- ↑ Schoch, R. R.; Rasser, M. W. (2013). "A new salamandrid from the Miocene Randeck Maar, Germany". Journal of Vertebrate Paleontology 33: 58. doi:10.1080/02724634.2012.716113.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ichthyosaura alpestris |