I May Destroy You
I May Destroy You é unha serie de televisión británica creada, escrita e dirixida por Michaela Coel para BBC One e HBO. A serie localízase en Londres e ten un elenco principalmente afrobritánico.[1] Coel protagoniza o papel de Arabella, unha escritora na vintena que intenta reconstruír a súa vida após ser violada. A serie estreouse o 8 de xuño de 2020 en BBC One e o 7 de xuño de 2020 en HBO.[2]
I May Destroy You | |
---|---|
Logo da serie. | |
Formato | Serie de televisión |
Creado por | Michaela Coel |
Dirixido por | Sam Miller Michaela Coel |
Intérpretes | Michaela Coel Weruche Opia Paapa Essiedu |
País de orixe | Reino Unido Estados Unidos de América |
Lingua(s) | Inglés, italiano e twi |
Temporadas | 1 |
Episodios | 12 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Michaela Coel Phil Clarke Roberto Troni Sam Miller Jo McLellan |
Localización(s) | Londres e Ostia |
Duración | 28–35 minutos (aprox.) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | HBO |
Primeiro episodio | 7 de xuño de 2020 |
Derradeiro episodio | 14 de xullo de 2020 |
Na rede | |
https://www.bbc.co.uk/programmes/m000jyxy e https://www.hbo.com/i-may-destroy-you | |
[ editar datos en Wikidata ] |
De acordo con Metacritic é a serie de televisión máis valorada pola crítica de 2020,[3] e foi descrita polo The New York Times como "a serie perfecta para un mundo ansioso".[4] Gañou os BAFTA á mellor miniserie, á mellor dirección de serie dramática, ao mellor guión de serie dramática e á mellor actriz.
Tamén é candidata a nove Premios Primetime Emmy.[5]
Sinopse
editarArabella (Michaela Coel) é unha novelista coñecida a través de Twitter que acada a fama coa súa primeira obra Chronicles of a Fed-Up Millennial. Considerada unha icona para o público milenial, non consegue avanzar no seu segundo libro. Na véspera da data de entrega dun adianto da obra, decide tomar un descanso para quedar pola noite cuns amigos en Londres. Á mañá seguinte, non é quen de lembrar o que lle pasou, pero vaino esclarecendo aos poucos coa axuda dos seus amigos Terry (Weruche Opia) e Kwame (Paapa Essiedu).
Elenco e personaxes
editarPrincipais
editar- Michaela Coel como Arabella Essiedu, escritora.
- Weruche Opia como Terry Pratchard, a mellor amiga de Arabella.
- Paapa Essiedu como Kwame, o mellor amigo de Arabella.
Recorrentes
editar- Marouane Zotti como Biagio, mozo de Arabella en Ostia, Italia.
- Stephen Wight como Ben, compañeiro de piso de Arabella.
- Adam James como Julian, axente literario de Arabella.
- Natalie Walter como Francine, axente financeiro de Arabella.
- Aml Ameen como Simon, amigo de Arabella.
- Lara Rossi como Kat, moza de Simon.
- Ann Akin como Alissa, amante de Simon.
- Chin Nyenwe como Tariq, amigo de David.
- Lewis Reeves como David, de Ego Death.
- Sarah Niles como oficial Funmi.
- Mariah Gale como oficial Beth.
- Rebecca Calder como Shirley, vítima de violación.
- Andi Osho como Carrie, terapeuta de Arabella.
- Fehinti Balogun como Damon, ligue de Kwame.
- Karan Gill como Zain Tareen, escritor de Henny publishing.
- Tobi King Bakare como Nicholas, irmán de Arabella'.
- Ellie James como Sion, asistente de Susy.
- Franc Ashman como Susy Henny, editora de Arabella.
- Harriet Webb como Theodora, compañeira de clase de Arabella e Terry.
- Shalisha James-Davis como Loretta, membro do grupo de apoio de Theodora.
- Gaby French como Theodora (adolescente).
- Danielle Vitalis como Arabella (adolescente).
- Lauren-Joy Williams como Terry (adolescente).
- Pearl Chanda como Nilufer, ligue de Kwame.
- Gershwyn Eustache Jnr como Tyrone, ligue de Kwame.
- Tyler Luke Cunningham como Kai, ligue de Terry.
Convidados
editar- Katherine Jakeways como Jacki
- Juno Dawson como Scarlett
- Kadiff Kirwan como Tom
- Antonia Clarke como Emily
- Vivian Oparah como Bisola
- Jonathan Slinger como doutor
Notas
editar- ↑ Huffington Post
- ↑ Obenson, Tambay (26 de maio de 2020). "'I May Destroy You' Trailer: Michaela Coel's New HBO Series Promises to Be Bold and Provocative". IndieWire. Arquivado dende o orixinal o 3 de xuño de 2020. Consultado o 8 de xuño de 2020.
- ↑ "I May Destroy You". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 7 de xuño de 2020. Consultado o 13 de setembro de 2020.
- ↑ Chocano, Carina (29 de xullo de 2020). "‘I May Destroy You’ Is Perfect TV for an Anxious World". The New York Times. ISSN 0362-4331. Consultado o 7 de xuño de 2021.
- ↑ Hipes, Patrick (13 de xullo de 2021). "Emmy Nominations: ‘The Crown’, ‘The Mandalorian’ Top List; HBO/HBO Max Edges Netflix For Top Spot – Full List Of Nominees". Consultado o 14 de xullo de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- I May Destroy You na IMDb (en inglés).
- I May Destroy You na páxina da BBC.