IES Francisco Aguiar

centro de ensino público en Betanzos

Coordenadas: 43°16′58″N 8°13′02″O / 43.282641666667, -8.217225

O Instituto de Ensinanza Secundaria Francisco Aguiar é un centro de ensinanza secundaria e Bacharelato pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Betanzos.

IES Francisco Aguiar
Enderezo
Avda. da Coruña, s/n, Betanzos
Datas
Creación1952
Educación
EnsinanzasESO e Bacharelato
Xestión
TipoPúblico
Xunta de Galicia
DirectorFrancisco Rodríguez Coloma[1]
VicedirectorJulián Ferrer García
Xefe de estudosNatalia Pou de los Mozos
SecretarioDominga Inmaculada Pérez Amor
Na rede
eduxunta.es/centros/iesfranciscoaguiar

Organización e características editar

Pertence á rede de institutos públicos da Xunta de Galicia, no que se imparte Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Xestión Comercial e Mercadotecnia.

É un centro constituído por diversos edificios integrados na zona educativa da cidade, onde tamén se atopan o IES As Mariñas e o CEIP Francisco Vales Villamarín.

Historia editar

O instituto comezou a funcionar no curso 1952-1953, estabecendo a súa sede no convento de San Domingos. A inauguración oficial do Instituto realizouse o 17 de setembro dese mesmo ano e consistiu na celebración relixosa seguida da impartición simbólica dunha primeira clase.

O IES Francisco Aguiar de toma o seu nome do arcebispo betanceiro do século XVII, Francisco de Aguiar Seixas e Ulloa, que foi arcebispo de México, onde fundou distintas institucións docentes e benéficas.

No ano 1980 mudou a súa sede ao actual edificio.

Notas editar

  1. IES Francisco Aguiar. (ed.). "Equipo Directivo.". Consultado o 20 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Outros artigos editar