Abrir o menú principal

Ideal Auto ou IASA é unha empresa de transporte de viaxeiros e mercadorías fundada en Ferrol en 1912 por Jesús Pita Saavedra co nome de El Ideal Gallego. Tamén se coñece popularmente como "O Ideal".

IASA S.A.
Iasa fene talleres.jpg
Antigos talleres IASA en Fene.
TipoSociedade Anónima
Fundación1912
MatrizArriva
LocalizaciónA Coruña Galicia Galicia
FundadorJesús Pita Saavedra
IndustriaTransporte de viaxeiros
Número de empregados44.000 (2010)
Páxina webarriva.gal

En 1975 trocou o nome por Ideal Auto S.A. (IASA). A empresa foi vendida en 1999 á multinacional inglesa Arriva tiña entón máis de 170 autocares e case trescentos traballadores.

Índice

HistoriaEditar

El Ideal Gallego xurdiu xunto con outras moitas empresas en Galiza a principios do século XX, en tempos en que os carros de cabalos daban paso ao ferrocarril e ó transporte por estrada con vehículos a motor.

O seu fundador foi emigrante en Cuba e á volta mercou a súa primeira liña. Comezou con tres carros mercados a uns curas para facer o percorrido Ferrol - Xuvia - Maniños - Cabanas - Pontedeume - A Coruña. Foi ampliando liñas, mercando outras empresas ou asociándose con elas para compartir liñas.

  • Empresa Ribadeo fundada en 1930, pasando a chamarse ERSA en 1957. En 1993 foi mercada por IASA.
  • El Celta fundada en Santiago en 1954. En 2001 xa baixo control de Arriva desaparece como marca nas estradas.

IASA foi mercada en 1999 por Arriva por 27,6 millóns de euros. Arriva é unha empresa fundada en Sunderland, no Reino Unido pola familia Cowie en 1938.[1] IASA deixou as súas cores para empregar a rotulación e o nome da empresa británica.

Trasladáronse as oficinas á Estación da Coruña deixando a sede de Ferrol e pechando os talleres de mantemento en Fene despois dun accidente alleo a IASA no que morreu un mecánico ao rebentar unha roda.[2]

A familia Pita como propietaria de IASA mantiña unha estrutura organizativa e de traballo baseada na estabilidade e con traballadores moi coñecedores da empresa e identificados con ela, cos clientes e vinculados a Galiza. Arriva, coa compra da empresa, trocou esa organización e as condicións de traballo, o que xerou enfrontamentos e folgas[3].

Arriva reestruturou as liñas de viaxeiros buscando máis eficacia e puntualidade. Foi centrándose nas liñas máis rendibles, as de viaxeiros a Santiago e nos traxectos por autoestrada.

En 2005, Arriva vendeu Transportes Finisterre a Autos Vázquez, Monbús e Aucasa por dez millóns de euros[4].

Algúns dos seus novos autobuses ofrecen conexión Wi-Fi aos viaxeiros.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar