El Celta (autocares)

empresa galega de transporte de viaxeiros

El Celta foi unha empresa de transporte de pasaxeiros fundada en Santiago de Compostela no ano 1954. En Santiago tiña parada na rúa da Senra[1], fóra do emblemático edificio Castromil.

Empresa El Celta S.A.
TipoSociedade Anónima
Fundación1954
MatrizArriva
LocalizaciónSantiago Galicia Galicia
IndustriaTransporte de viaxeiros
editar datos en Wikidata ]

Facía a liña entre a cidade de Compostela e Santa Uxía de Ribeira[2] percorrendo a N-550 e a AC-305 no traxecto que separa ámbalas dúas cidades.

No ano 1994 El Celta pasou a formar parte da empresa Hermanos Ferrín S.L.[3], en 1997 xa se atopaba baixo control de Ideal Auto, que amais contaba coas marcas Ersa e Iasa[4]. Arriva del Noroeste adquiriu en 2001 a popular compañía de transportes desaparecendo como marca nas estradas.

  1. La Voz de Galicia (1-5-2010) «Los autobuses Celta eran toda una institución, sobre todo en Ribeira, que era el final de la línea». "...a empresa de autobuses Celta, que tiñan a parada na Senra, fóra do edificio Castromil". Comprobado o 9-5-2014, en castelán.
  2. Faro de Vigo (10-4-2014) «La última "pulpeira" de Rellas». "Traíano no Celta —unha empresa de transportes de autobús— dende Santa Uxía de Ribeira ata Santiago". Comprobado o 9-5-2014, en castelán.
  3. Asociacion Empresarios Riveira (29-9-2009) «Ayer y Hoy de Hermanos Ferrín S.L.». "No ano 1994 compra a empresa EL CELTA creando a empresa HERMANOS FERRIN SL con distintas liñas". Comprobado o 9-5-2014, en castelán.
  4. Hemeroteca de La Voz de Galicia (7-6-2004) «Arriva acorda a venda de Finisterre a Autocares Vázquez por 12 millóns» Arquivado 13/05/2014, en Wayback Machine.. "En 1997 Ideal Auto, que contaba coas marcas Iasa, Ersa e O Celta, era o primeiro grupo de Galicia". Comprobado o 9-5-2014.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar