Iñaki de Juana Chaos

político e escritor vasco, militante de ETA

José Ignacio de Juana Chaos, máis coñecido como Iñaki de Juana Chaos, nado en Legazpi o 21 de setembro de 1955, é un exmembro de Euskadi Ta Askatasuna. Trala súa detención en 1987, foi condenado xudicialmente pola súa participación en 25 asasinatos a case 3.000 anos de prisión, dos que cumpriu 18 anos de acordo ao Código Penal baixo o cal foi xulgado e o principio de non retroactividade das disposicións penais prexudiciais para o reo. Atópase fuxido dende 2008,[1] e en busca e captura por orde da Audiencia Nacional.

Infotaula de personaIñaki de Juana Chaos
Biografía
Nacemento(es) José Ignacio de Juana Chaos Editar o valor em Wikidata
21 de setembro de 1955 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Legazpi (España franquista) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Outro
ImputaciónAsasinato, terroristic threat (en) Traducir e apology of terrorism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado porterrorismo
25 asasinato (1987)
→ (3.000 annum (pt) Traducir encarceramento)
→ Final: 2007, served sentence (en) Traducir
terroristic threat (en) Traducir (2008)
→ (12,6 encarceramento)
→ Final: novembro de 2008, arrest warrant (en) Traducir
terroristic threat (en) Traducir (2008)
→ (72.000 indemnização (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Dende o ano 2006 converteuse nunha figura nos medios de comunicación con repercusións políticas por mor da súa falta de arrepentimento,[2] xerándose un amplo debate sobre o sistema penal español.

No 2015 foi atopado na localidade venezolana de Chichiriviche, onde reside e rexenta unha licorería e Tasca chamada Jock's.[3]

Notas editar

  1. "La liberación de De Juana Chaos". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 24 de novembro de 2016. 
  2. Shackled and emaciated, Eta killer pleads for peace from his deathbed, entrevista con De Juana publicada por el diario británico The Times el 5 de febrero de 2007.
  3. Jose Ignacio de Juana Chaos, en Venezuela. elmundo.es. Consultado o 16 de febreiro de 2015