Hormona concentradora da melanina
A hormona concentradora da melanina (MCH) é unha hormona peptídica cíclica de 19 aminoácidos producida polo hipotálamo, que regula o apetito (función orexixénica). Orixinalmente foi illada na hipófise ou pituitaria dos peixes teleósteos [1], nos cales controla a pigmentación da pel, favorecendo a concentración da melanina, do cal provén o seu nome. Existe tamén noutros animais, incluído o home.
As neuronas que expresan a MCH están localizadas predominantemente no hipotálamo lateral, pero tamén se detecta MCH noutras partes do sistema nervioso central e periférico. Malia a súa distribución restrinxida as neuronas produtoras de MCH envían proxeccións a moitas partes do cerebro [2].
Está codificada polo xene PMCH do cromosoma 12 humano (locus 12q23.2) en forma dun precursor longo (pro-MCH), que se corta en tres péptidos: neuropéptido-glicina-ácido glutámico (NGE), neuropéptido-ácido glutámico-isoleucina (NEI), e hormona concentradora da melanina (MCH) [3][4][5] A MCH únese a receptores específicos MCHR.
Nos mamíferos a MCH está implicada na regulación do comportamento alimenticio, estado de ánimo e balance enerxético. Os ratos knockout para o xene da MCH son hipofáxicos (comen pouco) e delgados, o que indica a implicación da hormona no control da alimentación [6]. Cando se administra centralmente incrementa o consumo do alimento e a ganancia de peso, e nos ratos transxénicos con sobreexpresión de MCH produce obesidade [7].
A MCH ten efectos opostos aos da alfa-MSH en canto ao comportamento alimenticio e a resposta ao estrés [8].
A MCH parece estar implicada no sono paradoxal ou fase REM [9]
Notas
editar- ↑ Hiroshi Kawauchi, Ichiro Kawazoe, Makoto Tsubokawa, Mitsuyo Kishida, Bridget I. Baker. Characterization of melanin-concentrating hormone in chum salmon pituitaries. Nature 305, 321 - 323 (22 September 1983); doi:10.1038/305321a0. [1]
- ↑ Cvetkovic V, Brischoux F, Griffond B, Bernard G, Jacquemard C, Fellmann D, Risold PY. Evidence of melanin-concentrating hormone-containing neurons supplying both cortical and neuroendocrine projections. Neuroscience 2003;116(1):31-5 [2]
- ↑ UniProt KB P20382 MCH_HUMAN
- ↑ Breton C, Schorpp M, Nahon JL. Isolation and characterization of the human melanin-concentrating hormone gene and a variant gene. Brain Res Mol Brain Res. 1993 Jun;18(4):297-310. [3]
- ↑ J. C. Bittencourt1, F. Presse, C. Arias1, C. Peto1, J. Vaughan, J.-L. Nahon, W. Vale, Dr. P. E. Sawchenko. The melanin-concentrating hormone system of the rat brain: An immuno- and hybridization histochemical characterization. The Journal of Comparative Neurology. Volume 319, Issue 2, pages 218–245, 8 May 1992. [4]
- ↑ Shimada M, Tritos NA, Lowell BB, Flier JS, Maratos-Flier E. Mice lacking melanin-concentrating hormone are hypophagic and lean. Nature 1998 Dec 17;396(6712):670-4. [5]
- ↑ Ludwig, David S., Tritos, Nicholas A., Mastaitis, Jason W., Kulkarni, Rohit, Kokkotou, Efi, Elmquist, Joel, Lowell, Bradford, Flier, Jeffrey S., Maratos-Flier, Eleftheria. Melanin-concentrating hormone overexpression in transgenic mice leads to obesity and insulin resistance. J. Clin. Invest. 2001 107: 379-386. [6]
- ↑ David S. Ludwig, Kathleen G. Mountjoy, Jeffrey B. Tatro, Jennifer A. Gillette, Robert C. Frederich, Jeffrey S. Flier, and Eleftheria Maratos-Flier. Melanin-concentrating hormone: a functional melanocortin antagonist in the hypothalamus. Am J Physiol Endocrinol Metab 274: E627-E633, 1998. [7] Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- ↑ Laure Verret, Romain Goutagny, Patrice Fort, Laurène Cagnon, Denise Salvert, Lucienne Léger, Romuald Boissard, Paul Salin, Christelle Peyron and Pierre-Hervé Luppi. A role of melanin-concentrating hormone producing neurons in the central regulation of paradoxical sleep. BMC Neuroscience 2003, 4:19 doi:10.1186/1471-2202-4-19 [8]
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Receptor da hormona concentradora da melanina (MCHR)
- Hormona estimulante dos melanocitos (antagonista da MCH)
Ligazóns externas
editar- Recompilación de artigos científicos sobre a MCH.
- MeshName - Melanin-concentrating+hormone [9]
- MCH e receptor da MCH.