Abrir o menú principal

Horatio Alger

Escritor estadounidense do S. XIX

Horatio Alger, nado en Chelsea (Massachusetts) o 13 de xaneiro de 1832 e finado en Natick (Massachusetts) o 18 de xullo de 1899, foi un escritor estadounidense.

Horatio Alger
Horatio Alger Jr.jpg
Nacemento13 de xaneiro de 1832
 Chelsea
Falecemento18 de xullo de 1899
 Natick
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade Harvard e Harvard Divinity School
Ocupaciónescritor, novelista, escritor de literatura infantil e xornalista
PaiHoratio Alger
Coñecido/a porRagged Dick
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun pastor unitarista que quería que o seu fillo seguise os seus pasos no sacerdocio,[1] Alger estudou en Harvard, onde foi discípulo do poeta Wadsworth Longfellow. Despois de se graduar traballou como xornalista e mestre de escola. Rexeitado para o servizo militar por asma, fixo unha viaxe a Europa, onde decidiu seguir os pasos do seu pai e entrar no ministerio, nomeado pastor dunha igrexa da rexión do Cabo Cop, en 1866 trasládase a Nova York oficialmente para favorecer a súa carreira de escritor, aínda que os arquivos da igrexa suxire que dimitiu por casos de pederastia.

En 1867 escribiu o seu primeiro libro Ragged Dick, foi un completo éxito, ao que lle seguiron outros do mesmo tema como Luck and Pluck (1869) e Tattered Tom (1871).

Autor de máis de 130 novelas baratas nas que describe as reviravoltas de rapaces que fan realidade o soño americano a través do traballo duro, fachenda, determinación e axuda aos demais. As súas novelas son repetitivas e de escasa calidade técnica, malia iso foron moi populares na súa época, rivalizando cos escritos por Mark Twain, cada novela segue o mesmo esquema, un rapaz traballa duro para fuxir da pobreza, pero non é ese traballo de seu o que lle dá a fortuna, máis ben é un acto extraordinario de honestidade ou valor que o pon en contacto cun vello cabaleiro rico que o colle baixo a súa protección.

NotasEditar

  1. Hoyt (1974), pp. 7-9

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar