A hora do té (en inglés: tea time ou afternoon tea) é un costume tradicional británico no que se toma o  ás cinco da tarde.[1]

Hora do té, un dos costumes máis coñecidos da gastronomía do Reino Unido.
Unha distribución de bocados servidos co té.

A hora do té é un hábito británico que xeralmente acontece entre as 4 p. m. e as 5 p. m. Non é exclusivamente unha hora de tomar , senón máis ben consiste na cea lixeira, que xeralmente se prepara ó chegar do traballo.

Tea break editar

O tea break é un pequeno descanso durante as horas de traballo consistente en 15 minutos, no cal se adoita tomar un tazón de ou café e un sándwich (tea sandwich). Nunha xornada de traballo adoita haber un tea time e dous tea breaks.

Antes de que se introducise o té no Reino Unido, os británicos tiñan dúas comidas principais: o almorzo e a cea. O costume de tomar o té comezou no século XVIII, cando a xente ía realizando a cea cada vez máis tarde e empezouse a ter un xantar máis lixeiro entre o almorzo e a cea. Aínda así, isto deixaba moitas horas entre algunhas comidas. Algúns membros da aristocracia afixéronse a tomar unha cunca de té xunto cun aperitivo ó redor das cinco de tarde. Este costume obtivo gran popularidade estendéndose a outras clases sociais.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar