A merenda é a comida que se toma antes da cea, a media tarde. Adoita tomarse un bocadillo, ou peza de pan con embutido, pastas ou bolería, acompañado dalgunha bebida, fría ou quente, como café, batido, zume, chocolate quente ou leite, entre outros. En España é moi usual, sobre todo entre nenos. Tamén pode dicirse que a merenda é unha comida lixeira que se toma pola tarde.

Bocadillo, base da maioría das merendas