Hixinio Puentes

escritor español

Hixinio Puentes Novo, nado no Porto do Barqueiro (Mañón) en 1952, é un mestre de profesión e investigador da historia do seu concello, escritor e autor de diversos estudos relacionados co mundo do mar. Desde 2021 é cronista oficial de Mañón.

Infotaula de personaHixinio Puentes
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Mañón, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Como escritor, trata temas de novela e investigación histórica, en lingua galega e castelá. Como investigador destacan os seus estudos sobre a costa norte de Galiza como o centrado nos naufraxios acontecidos na provincia marítima de Ferrol ou sobre a galerna de 1961. Colabora en revistas de estudos, como Terras do Ortegal, revista de estudos locais, onde ten publicado o último dos seus artigos, titulado "A gavela das Grañas no primeiro terzo dó século XIX"[1].

En base aos seus méritos e concentración de investigación no seu concello, en 2015 foi proposto no pleno da Corporación como Cronista Oficial do concello de Mañón por parte do grupo municipal do PSOE, sen que o PP, que goberna o municipio hai anos levase adiante a proposta. En 2018 a asociación Nordés reiterou a solicitude, que tampouco tivo resposta.[2] En xuño de 2021 o PP e o PSOE acordaron o seu nomeamento, de xeito que finalmente en decembro do mesmo ano foi nomeado como cronista oficial.[3][4]

Obra editar

Narrativa editar

  • O bandido Casanova (Xerais, 2000).
  • Aguillóns de Ortegal (Xerais, 2005). Novela que dá conta, en forma de relato autobiográfico, do mariñeiro Fonseca.
  • Monbars, o Exterminador (Xerais, 2006). É unha novela ambientada no século XVII que ten como protagonista o pirata francés do mesmo nome.
  • A do vinte e un (Sotelo Blanco, 2010).
  • Winnipeg (Xerais, 2013). Na que recrea a historia de Manuel Pita Armada.

Ensaio editar

  • Os naufraxios da Galicia norte. I e II, (Edicións Lea, Santiago, 2003, 2005).
  • A galerna de 1961 (Edicións Lea , 2006), ISBN 84-95444-64-X
  • Matrícula de Bilbao. Investigación sobre grandes buques bilbaínos.

Premios editar

Notas editar

  1. Puentes Novo, Hixinio (xuño 2021). "A gavela das Grañas no primeiro terzo do século xix". Terras do Ortegal (8): 21–50. 
  2. "Nordés propone que se nombre a Hixinio Puentes cronista oficial". La Voz de Galicia (en castelán). 14.12.2018. Consultado o 14.06.2021. 
  3. "El escritor Hixinio Puentes será el cronista oficial de Mañón". La Voz de Galicia (en castelán). 20.06.2021. 
  4. "El escritor Hixinio Puentes, nombrado cronista oficial de Mañón". La Voz de Galicia (en castelán). 11.12.2021.