Historia da Laponia

(Redirección desde «Historia de Laponia»)

Téñense atopado restos en Sápmi dunha cultura baseada na caza e na pesca que datan do Neolítico.

Os saami empezaron a poboar a rexión a partir do ano -100.

Dende o s. XVII os saami comezaron a ser arrecunchados cara ao norte pola poboación campesiña de Suecia. Pasaron da caza do reno á súa cría, e deixaron de ser nómades mudando ao sedentarismo.

A cristianización dos saami foi un proceso moi lento e longo; as primeiras igrexas foron construídas no s. XII polos noruegueses, mais a verdadeira expansión do cristianismo chegou no s. XVIII, sen que puidese chegar a substituír o animismo, que segue a existir aínda hoxe.