Historia Tolteca-Chichimeca
A Historia Tolteca-Chichimeca é un manuscrito en lingua náhuatl do século XVI, que trata sobre a historia de Cuauhtinchan. Actualmente atópase na Bibliothèque nationale de París.
Historia Tolteca-Chichimeca | |
---|---|
Manuscrito posterior a Hernán Cortés, do século XVI sobre a historia e orixe mítica das tribos "nahuatlaca", escrito polo pobo de Cuauhtinchan (de ascendencia chichimeca) para manter o seu dereito ás súas terras, baixo as autoridades coloniais. Escribiron a súa historia até o 1544, utilizando unha mestura de estilos europeo e prehispánico. Na imaxe, Chicomoztoc - o lugar das sete covas. | |
Título orixinal | Historia Tolteca-Chichimeca |
Autor/a | Anónimo |
Orixe | México |
Lingua | Náhuatl |
Xénero(s) | Historia, mitoloxía |
Data de pub. | Entre 1547 e 1560 |
Formato | Manuscrito |
Tradución | Kirchhoff, Lina Odena Güemes e Luis Reyes García (tradución e interpretación, 1976) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarO texto describe a historia dos toltecas e dos chichimecas desde antes da migración chichimeca até o val do Anáhuac en 1544,[1] así como as historias dos toltecas e a súa influencia na rexión. Está escrito en náhuatl e inclúe tanto imaxes como texto.
O códice axuda a entender a visión que tiñan os pobos indíxenas da época sobre a súa propia historia, así como as relacións entre os diferentes grupos étnicos do centro de México.
Cabe destacar que, como outros códices da época, a "Historia Tolteca-Chichimeca" é unha combinación de tradición oral, historia e mitoloxía. A interpretación dos símbolos e imaxes require un coñecemento profundo da cultura e da linguaxe náhuatl.
Foi escrito en papel europeo entre 1547 e 1560.[1] En 1976 Kirchhoff, Lina Odena Güemes e Luis Reyes García[2] publicaron unha lista completa de fotografías do libro, acompañadas de tradución e interpretación.
Autoría
editarA 'Historia...' é anónima. Non foi escrito por Fernando de Alva Ixtlilxóchitl, quen escribiu o códice de título similar Historia de la nación chichimeca, que tamén mostra rituais e instrumentos musicais indíxenas, como o chililitli mencionado neste fragmento:[3]
Catro veces ao día, a música de chililitli (disco de cobre), de cornetas, frautas, cunchas de caracol e dun gong de golpeado cun martelo de metal, sonaba desde o noveno piso deste templo, chamando ao Rei á oración. Co tempo, todo este templo ao "deus invisíbel" chego a chamarse chililitli en honor á súa 'tintinnabulación'.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "El texto popoloca de la historia tolteca-chichimeca" (PDF). Wayback Machine; Machine web.archive.org (en castelán). Archived from the original on 04 de marzo de 2011. Consultado o 2023-08-20.
- ↑ Kirchhoff, Paul; Güemes, Lina Odena; García, Luis Reyes (1989). Historia tolteca-chichimeca (en castelán). CIESAS. ISBN 978-968-16-2903-8.
- ↑ "CHILILITLI/ TETZILACATL". Indigenous instrumentsMexicoMesoamerica (en inglés). Consultado o 2023-08-20.