Fernando de Alva Ixtlilxóchitl

Fernando de Alva Cortés nado en Texcoco, posibelmente c. 1568 e finado na Cidade de México en 1648, foi un historiador de Nova España, descendente en liña directa da casa reinante en Acolhua de Texcoco.

Infotaula de personaFernando de Alva Ixtlilxóchitl
Biografía
Nacemento¿1568?
Texcoco Editar o valor em Wikidata
Morte26 de outubro de 1650 Editar o valor em Wikidata (80/81 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoCastizo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsBartolomé de Alva Ixtlilxóchitl Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

De nai mestiza, foi castizo (descendente dun avó indíxena e de 3 avós da Península Ibérica) entre os anos 1568 e 1580. Fillo de Juan de Navas Pérez de Peraleda e Ana Cortés Ixtlilxóchitl, era descendente directo dos reis de Acolhuacan e Tenochtitlán. O seu bisavó foi Hernando Ixtlilxóchitl, o último tlatoani de Texcoco, tamén chamado Ixtlilxóchitl II, (fillo de Yacotzin, e por tanto tataraneto de Nezahualcóyotl) e Beatriz Papatzin, filla de Cuitláhuac, antigo señor de Iztaani, e derradeiro tlatoani dos mexicas na época da conquista castelá. Mediante a mediación do arcebispo de México frei García Guerra, a súa familia foi declarada nobre e se outorgoulles un pequeno señorío hereditario.

Foi un distinguido alumno do Colexio da Santa Cruz de Tlatelolco, fundado por orde de frei Juan de Zumárraga, primeiro bispo de México. Neste lugar educouse en lingua náhuatl e en lingua castelá. Durante un tempo viviu en San Juan Teotihuacán, entre 1600 e 1604.

Oito anos máis tarde, en 1612, foi nomeado gobernador indíxena de Texcoco, e ao ano seguinte, da vila de Tlalmanalco.

Era o irmán maior de Bartolomé de Alva Ixtlilxóchitl.

Pasamento editar

Á súa morte, ocorrido o 25 de outubro de 1650, foi enterrado na igrexa parroquial de Santa Catarina Mártir.[1]

Obras editar

Alva Ixtlilxóchitl recibiu o encargo dos vicerreis españois de Nova España para escribir a historia dos pobos indíxenas de México. A súa Relación histórica de la nación tulteca — denominada habitualmente Relación— foi escrita entre 1600 e 1608. Este texto é un conxunto de historias sobre acontecementos acontecidos en Nova España e a historia do pobo tolteca. A Relación e moitos outros textos de Ixtlilxochitl conteñen fragmentos da literatura e da lírica nahua prehispánica. Ofrecen un relato detallado da importancia da actuación do seu bisavó, Hernando Ixtlilxóchitl, na conquista de México e na pacificación dos indíxenas no Val de México.

Máis tarde — 1610 a 1640, segundo Chavero — Alva Ixtlilxóchitl escribiu a Historia Chichimeca, que fai referencia aos mesmos acontecementos que a Relación, aínda que cunha organización máis axeitada. Descoñécese o título orixinal da obra, e o co que se coñece foi imposto por Carlos de Sigüenza y Góngora cando o manuscrito entrou no seu poder. Lorenzo Boturini, propietario do mesmo texto uns anos despois, chamoulles Historia general de la Nueva España. Hai evidencias de que a Historia Chichimeca formaba parte dunha obra máis grande cuxas partes que faltan están desaparecidas ou non están rematadas. O capítulo final da Historia de Alva Ixtlilxóchitl é o Cerco de Tenochtitlan, ao que o autor lle impón unha versión texcoquina da Conquista, en contraste con Hernando de Alvarado Tezozómoc, autor de orixe tenochca cuxa obra ofrece unha visión máis próxima dos mexicas de Tenochtitlán. A Historia Chichimeca é considerada a mellor obra de Fernando de Alva Ixtlilxóchitl; este porén non é o autor da Historia Tolteca-Chichimeca, códice da mesma época e temática.

Notas editar

  1. Vásquez Galicia, Sergio Ángel (xullo-decembro de 2016). "Aportes a la biografía del historiador Tetzcocano Fernando de Alva Ixtlilxóchitl" 28 (53). Universidad Autónoma Metropolitana campus Azcapotzalco: 147, 157. ISSN 2007-5618. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Hoyo, Eugenio del: "Ensaio historiográfico sobre D. Fernando de Alva Ixtlilxóchitl" en: Memorias de la Academia Mexicana de Historia, vol. 16, 1957.
  • Chavero, Alfredo, Obras históricas de D. Fernando de Alba Ixtlilxochitl . México, 1891 - 92.
  • O'Gorman, Edmund Obras Históricas de Fernando de Alva Ixtlilxóchitl, México, 1975, UNAM
  • Vázquez Chamorro, German, "Historia de la nación chichimeca", México, 1985
  • Boturini, Lorenzo, Idea de una historia general de América do Norte. Madrid, 1749.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar