Hipótoe (filla de Méstor)

Filla de Méstor

Na mitoloxía grega, Hipótoe foi a filla de Méstor (fillo de Perseo e Andrómeda) e de Lisídice (filla de Pélope).

Poseidón raptouna e tivo con ela un fillo, Tafio, que sería o pai de Pterelao [1] e fundador da cidade de Tafos (na illa do mesmo nome, na costa occidental da Grecia peninsular).

"De Méstor e Lisídice, a filla de Pélope, naceu Hipótoe. A esta raptouna Posidón e, levándoa ás illas Equínades, xaceu con ela e enxendrou a Tafio, que colonizou Tafos e denominou ás súas xentes teléboas... Posidón fíxoo inmortal, colocando na súa cabeza unha cabeleira de ouro".
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 4, 5)

Notas editar

  1. Poseidón concedeulle a este neto a inmortalidade, sempre que conservara o cabelo de ouro que cubría a súa cabeza. A filla, Cometo, namorouse de Anfitrión, rei de Tirinto, e traicionou ó seu pai, cortando o cabelo que lle facía invencible.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar