Tafio
personaxe mitolóxico, fillo de Poseidón
Tafio, na mitoloxía grega, foi un fillo de Poseidón con Hipótoe, filla de Méstor [1] e de Lisídice.
Biografía | |
---|---|
Rei de Tafo | |
Familia | |
Fillos | Pterelao |
Pais | Poseidón e Hipótoe |
Poseidón raptou a Hipótoe e levouna ás illas Equínades. Con ela enxendrou a Tafio. Este tivo un fillo afamado, Pterelao [2] a quen Poseidón concedeu a inmortalidade mentres mantivera a súa cabeleira de ouro.
Tafio foi o rei e fundador da cidade de Tafos, na illa do mesmo nome, hoxe Meganisi, cerca de Acarnania.
"A esta [a Hipótoe] raptouna Posidón e, levándoa ás illas Equínades, xaceu con ela e enxendrou a Tafio, que colonizou Tafos e denominou ás súas xentes teléboas, por terse marchado lonxe da súa patria" [3].(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 4, 5)
Notas
editar- ↑ Ó ser este, fillo de Perseo, Hipótoe sería neta deste heroe.
- ↑ Outra tradición di que Pterelao sería fillo de Poseidón e Hipótoe, e Tafio sería fillo de Pterelao (Grimal, s.v. Pterelao).
- ↑ Julia García Moreno, tradutora da obra de Pseudo-Apolodoro, engade en nota que este fai derivar o nome deste pobo de telou ébe, veu de lonxe. E que para Estrabón, os tafios chamábanse anteriormente teléboas (2, 20).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)
- Pseudo-Apolodoro (2016). Biblioteca mitológica. Alianza Editorial. ISBN 9788491044277. (en castelán)