Hipótese de 1421

A Hipótese de 1421 é unha recente e controvertida hipótese elaborada en 2002 polo mariño británico xa retirado Gavin Menzies quen suxire que o mariño chinés Zheng He circunnavegou o planeta e descubriu América a principios do século XV, moito antes das viaxes de Cristovo Colón e de Fernando de Magalláns. Porén esta hipótese non está demostrada e carece de credibilidade entre os historiadores posto que non son máis ca especulacións.

Mapa chinés de 1763 que segundo o seu autor (anónimo) está baseado nun mapa de 1418, e motivo entre outros da controversia xurdida.

Bases da teoría editar

Esta hipótese baséase en que no século XV a arquitectura naval chinesa era a máis avanzada do mundo. Os xuncos eran moito máis grandes e resistentes cós barcos europeos e contaban xa con avances técnicos descoñecidos en occidente, como o temón fenestrado ou os tabiques dunha embarcación para impedir o afundimento.

Entre as probas que aporta Menzies está unha escultura chinesa da Dinastía Ming atopada en Kenya e exemplares de porcelana atopados en lugares como Perú ou California.[1].

O mapa editar

En xaneiro de 2006, The Economist e BBC News publicaron artigos centrados na exposición dun mapa chinés de navegación no cal aparecen detalladas descricións dos nativos americanos e australianos. Este mapa esta datado en 1763 e supostamente é unha copia doutro feito en 1418. Gavin Menzies afirma que este mapa demostra a hipótese de que Zheng He navegou por América e Australia. Os críticos apuntan que o mapa, no caso de ser autentico, parecese máis a unha creación recente baseada nun mapa europeo do século XVIII.

Na cultura popular editar

No videoxogo Age of Empires III: The Asian Dynasties a historia que se desenvolve ao longo da campaña chinesa está baseada nesta hipótese.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar