Hipótese de Sapir-Whorf

(Redirección desde «Hipótese Sapir-Whorf»)

A hipótese de Sapir-Whorf é unha idea que dá lugar a unha teoría lingüística que afirma que a lingua que fala unha persoa ou grupo de persoas cambia a súa forma de pensar e actuar.[1]

Historia

editar

A hipótese leva o nome dos lingüistas Edward Sapir e Benjamin Lee Whorf, que desenvolveron estas ideas no século XX.[2]

A hipótese, tamén coñecida como relativismo lingüístico, suxire que a estrutura dunha lingua inflúe na maneira en que os seus falantes perciben e entenden o mundo.

Aínda que a versión forte da hipótese non é amplamente aceptada na actualidade, a versión feble ten influído moito no estudo de como a linguaxe pode afectar a nosa percepción da realidade.[3]

Versións

editar
  • a versión forte, que propón que a lingua determina completamente o pensamento e a percepción;
  • e a versión feble, que indica que a lingua inflúe no pensamento e na percepción, pero non os determina completamente.[4][5]

Críticas e apoios

editar

O lingüista Noam Chomsky é un dos principais críticos da Hipótese de Sapir-Whorf. Chomsky argumenta que todas as linguas comparten unha estrutura subxacente común, coñecida como gramática universal, que contrasta coa idea de que a lingua pode determinar ou influír significativamente o pensamento.[6][7]

Outros opositores á versión forte da hipótese de Sapir-Whorf son Brent Berlin e Paul Kay, quen formularon a teoría dos termos básicos de cor. No seu libro Basic Color Terms: Their Universality and Evolution (1969), Berlin e Kay argumentan que existen categorías comúns á especie humana para identificar as cores nos distintos idiomas. Esta teoría trata de refutar a hipótese de Sapir-Whorf, particularmente no que respecta á percepción das cores, e sostén que está suxeita a universais lingüísticos que transcenden as diferenzas idiomáticas. Desde a década de 1990, a teoría de Berlin e Kay e os métodos empregados para apoiala comezaron a ser cuestionados desde a antropoloxía cultural, o que mantén aberto o debate sobre a relación entre linguaxe e percepción.[8]

Entre os estudos que apoian a versión feble da hipótese de Sapir-Whorf atópanse os traballos de Daniel Everett coa tribo dos Pirahã na selva amazónica brasileira. A lingua pirahã ten varias características únicas: non ten palabras para números específicos e os membros da tribo non usan conceptos de aritmética básica como contar ou calcular, e carece de termos específicos para as cores. Everett argumenta que a lingua dos Pirahã carece de recursividade, un principio fundamental na Gramática Universal de Chomsky, e suxire que a cultura dos Pirahã ten unha influencia directa sobre a estrutura e as características da súa lingua, apoiando a idea de que a linguaxe e a cultura están intimamente ligadas.

  1. "The Sapir-Whorf Hypothesis". visual-memory.co.uk. Consultado o 2024-07-22. 
  2. Whorf, Benjamin Lee (1956). "Language, Thought, and Reality: Selected Writings of Benjamin Lee Whorf". MIT Press.
  3. Gumperz, John J.; Levinson, Stephen C. (1996). "Rethinking Linguistic Relativity". Cambridge University Press.
  4. Kay, Paul & Kempton, Willett (1984). "What is the Sapir-Whorf Hypothesis?". American Anthropologist, New Series, Vol. 86, No. 1, pp. 65-79.
  5. Lucy, John A. (1997). "Linguistic Relativity". Annual Review of Anthropology, Vol. 26, pp. 291-312.
  6. Chomsky, Noam (1965). "Aspects of the Theory of Syntax". MIT Press.
  7. Pinker, Steven (1994). "The Language Instinct". William Morrow and Company.
  8. "Color appearance and the emergence and evolution of basic color lexicons". www.semanticscholar.org (en inglés). Consultado o 2024-07-22. 

Véxase tamén

editar

----

 
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.