Benjamin Lee Whorf

Benjamin Lee Whorf, nado en Winthrop (Massachusetts) o 24 de abril de 1897 e finado en Wethersfield (Connecticut) o 26 de xullo de 1941, foi un lingüista estadounidense, pupilo de Edward Sapir, de quen tomaría a hipótese etnolingüística para levala ao que actualmente se coñece como a hipótese de Sapir-Whorf, unha teoría do relativismo lingüístico.

Infotaula de personaBenjamin Whorf
Nome orixinal(en) Benjamin Lee Whorf Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1897
Winthrop, Massachusetts, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xullo de 1941
Wethersfield, Connecticut
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaEstados Unidos
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Director de teseEdward Sapir Editar o valor em Wikidata
Coñecido porHipótese de Sapir–Whorf
Actividade
Campo de traballoLingüística
Ocupaciónantropólogo , lingüista , filósofo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

WikiTree: Whorf-108

Traxectoria editar

Benjamin Whorf estudou química no MIT e despois iniciou unha carreira de inspector de incendio para compañías de seguranza. Interesouse polos estudos lingüísticos bastante tarde na súa vida, seguindo os cursos de E. Sapir a partir de 1928, e logo foi asistente de Sapir na Universidade Yale (1937-1938).

Investiga as linguas amerindias dos Estados Unidos e de México. Publica unha gramática da lingua hopi (estivera vivindo con eles en 1932), diversos estudos sobre os dialectos náhuatl, sobre a escrita xeroglífica maia, e o primeiro intento de reconstrución do utoasteca. Publica ademais a partir de 1936 un bo número de artigos en revistas de lingüística que trataban da hipótese Sapir-Whorf, das maneiras en que ao seu parecer os diversos sistemas lingüísticos afecten os sistemas de pensamento e os costumes de comportamento dos usuarios das linguas.

Morreu en 1941 e os seus textos, algúns entón aínda inéditos, foron reunidos nun volume, que apareceu en 1956 co título Language, Thought and Reality.