Hilla Limann, nado en Gwolu como Hilla Babini o 12 de decembro de 1934 e finado o 23 de xaneiro de 1998, foi un político e diplomático ghanés que foi presidente de Ghana do 24 de setembro de 1979 ao 31 de decembro de 1981.

Infotaula de personaHilla Limann

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1934 Editar o valor em Wikidata
Costa do Ouro () Editar o valor em Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1998 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Accra, Ghana Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Diabetes mellitus Editar o valor em Wikidata)
Presidente de Ghana
24 de setembro de 1979 – 31 de decembro de 1981
← Jerry RawlingsJerry Rawlings → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGhana Editar o valor em Wikidata
RelixiónPresbiterianismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónLondon School of Economics - ciencia política (1957–1960)
Universidade Sorbonne Paris Nord (pt) Traducir - lingua francesa
Universidade de Londres - ciencia histórica
Universidade de París - ciencia política, xurisprudencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPeople's National Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFulera Limann (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Membro da etnia sassali naceu no seo dunha familia pobre [1], criouno a familia de seu tío e el adoptou o seu apelido, estudou no instituto de Tamale e entre 1957 e 1960 estudou ciencias políticas na London School of Economics e logo francés na Sorbona, realizando logo estudos de historia na Universidade de Londres e doutorándose na Universidade de París. Traballou no ministerio de Asuntos Exteriores de Ghana entre 1965 e 1968, foi tamén membro da comisión constitucional encargada de redactar a Constitución de Ghana. En 1968 foi xefe da chancelería da embaixada en Togo e en 1971 conselleiro da misión permanente do seu país en Xenebra. En 1975 volveu a Ghana ao ministerio de Asuntos Exteriores.

Tras o golpe de estado dirixido por Jerry Rawlings en 1979, Limann, foi elixido nas eleccións presidenciais como o candidato do Partido Popular Nacional logo da descualificación de Imoru Egala polo Consello Supremo Militar. Egala elixiuno a el que era practicamente descoñecido no país [2]. Resultou vencedor nas eleccións co 62% na segunda volta; durante o seu mandato apoiou os valores democráticos e panafricanismo pero á fronte dun goberno coalición inestable e acusado de corrupción [3], pese a que se recoñecía[4] a honestidade de Limann, agravado por unha situación económica preocupante [5] e os poucos recursos que mantiña o aparello estatal [6], finalmente tras deteriorarse as relacións entre Limmann e Rawlings, este deu un golpe de estado que o depuxo [7]. En 1992 coa fin do goberno militar Limann foi o candidato da Convención Nacional Popular nas eleccións presidenciais, recibindo o 6.7% dos votos[8]

Notas editar

  1. Ghana News Link
  2. Ivor Agyeman-Duah Between Faith and History: A Biography of J.A. Kufuor: Africa World Press (2003 ), p. 45
  3. Wisdom Tettey, Korbla P. Puplampu e Bruce J. BermanCritical Perspectives in Politics and Socio-Economic Development in Ghana:BRILL ( 2003), p. 124
  4. "Obituario en The Independent". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 29 de maio de 2012. 
  5. Lynne Brydon e Karen Legge Adjusting Society: The World Bank, the IMF and Ghana: I.B.Tauris, (1996), p. 16
  6. Tapan Prasad Biswa Ghana, Political and Constitutional Developments: Northern Book Centre (1992), p. 183
  7. Encyclopaedia Britannica
  8. 1992 Ghana Presidential Results on AfricanElections.Tripod.com

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Precedido por
Jerry Rawlings
Xefe de Estado militar


Presidente de Ghana
1979 – 1981
Sucedido  por
Jerry Rawlings
Xefe de Estado militar