Hileo (can)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Hileo.
Hileo era o nome dun can da manda de caza de Acteón.
Acteón era un fillo de Aristeo. Un día que andaba nos bosques de caza cos seus cans, cometeu a imprudencia de ver espida á deusa Artemisa. Cando esta se deu de conta, indignada, converteuno en cervo e acirrou os cans contra el, que foi devorado por eles sen ser recoñecido. Logo, os cans buscárono inutilmente por todo o bosque laiando por el.
"E sen máis ameazas, [Diana] pon na súa cabeza cornos de cervo lonxevo, prolóngalle o pescozo, aguza por riba as súas orellas... Mentres dubida víronlle os cans; Melampo e Icnóbates foron os primeiros en dar o sinal cos seus ladros. Axiña lánzanse á carreira outros... e o fogoso Hileo, pouco antes ferido por un xabaril...".(Ovidio: Metamorfosis III, 193-213)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017, VIII, 279-298 [a numeración segue a utilizada neste texto].